Sempre me preguntei pola orixe do nome do tema desta semana, interpretado por Creedence Clearwater Revival, seguramente na súa versión máis coñecida: Suzie Q, tamén chamado Susie Q e mesmo Suzi Q.
Pero como a historia merece un capítulo especial, prefiro contala con máis tempo.
Así que si sentides curiosidade por este clásico entrade nun par de días no meu curruncho musical.
O caso é que esta última semana do ano non houbo máis que 3 respostas correctas.
E o gañador da semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, é de novo o alumno de 1º de BAC
Sorprendentemente para min, o tema desta semana está resultando o máis dificultoso de todos ata o momento. Somentes se recibiron 2 respostas.
Así que como axuda extra regalo 5 segundos de gravación que valen o seu peso en ouro.
Acompañados dunha pista visual que tampouco e manca.
Con motivo do cambio de aloxamento da páxina web do instituto para outro servidor, produciuse un erro no arquivo da clasificación do concurso. Así que, antes de nada quería informarvos de que estou repasando as respostas de tódalas semanas, para poñer ao día a clasificación. Espero que poda estar lista mañán, venres. Pero é importante que si observades algún erro ou omisión pasedes polo Departamento de Orientación para comprobar as vosas respostas.
En canto á resposta desta semana, trátase de Stairway to Heaven, clásico tema do grupo británico Led Zeppelin, seguramente o máis importante do que a fin de contas foi o seu album máis importante: o número 4, gravado en 1971 sen título, pero que acabou sendo coñecido como Led Zeppelin IV. Foi composto polo cantante Robert Plant e polo líder e guitarrista do grupo Jimmy Page .
Este album incluía outros temas moi populares da banda (como por exemplo Black Dog ou Rock & Roll , que figuran entre os meus preferidos da banda, e dos que vos deixo un vídeo abaixo) e converteuse no seu maior éxito, chegando a vender 15 millóns de copias en pouco tempo e máis de 23 millóns de copias co paso dos anos.
Estas cifras sitúano de acordo co ranking establecido pola RIAA (Recording Industry Association of America) no cuarto entre os máis vendidos da historia. Tamén, segundo a revista Rolling Stone, figura no posto número 31 entre na lista dos mellores 500 temas musicais da historia.
Black Dog
Rock & Roll
A gañadora da semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, e que recibe polo tanto 4 puntos é, outra vez (esto ponse interesante!) a alumna de 3º da ESO
Patricia Sande Pena
Espero, como dixen ao principio, ter actualizada a clasificación ao longo de mañán, venres.