¿Crees que tes bo oído?
¿Paréceche que coñeces moitos grupos musicais?
Pois daquela aquí terás ocasión de demostralo ao mesmo tempo que te divertirás cos teus amigos, e mesmo cos teus pais (¡e avós!)...Porque os temas que iremos presentando serán de diferentes épocas i estilos.
Diso se trata o presente concurso: de adiviñar cada semana un tema musical que aparecerá no blog, coma ese que tendes ao final desta entrada, pero do que non se verá o título nin o autor.
¿Cal será a mecánica do concurso?
Vexamos:
- O venres: publicación no blog dun fragmento dun tema musical.
Cada venres, a primeira hora da mañán, aparecerá no blog un fragmento dun tema musical. Se sodes capaces de recoñecer o título e o autor, mándade a solución inmediatamente utilizando este cuestionario. Tamén tedes a ligazón no menú da dereita. É importante a rapidez, porque o premio semanal será para a primeira resposta correcta que se reciba...
- O luns, primeira pista: publicación dunha imaxe.
Teredes todo o fin de semana para tratar de averiguar o título e o autor do tema. Pero se non sodes capaces, o luns a primeira hora aparecerá no blog unha imaxe como pista adicional. - O martes: publicaremos a canción completa.
Para que todos poidades adiviñar o tema,o mércoreso martes aparecerá o tema completo no blog. E poderedes enviar as vosas respostas antes do xoves.
- O xoves:aparecerán publicados as respostas recibidas, coa solución e a puntuación correspondente a cada concursante.
- E o venres de novo volta a empezar...
- Gañador da semana: 4 puntos.
Cada semana resultará gañadora a persoa que primeiro envía a solución correcta. Levará o premio semanal consistente nunha invitación na cafetería. E 4 puntiños para a clasificación xeral. - Respostas correctas do fin de semana: 3 puntos.
O resto do concursantes que envíe a súa solución despois da persoa gañadora pero ao longo do fin de semana, antes de que se publique a pista do luns, puntuarán con 3 puntos. - Respostas correctas recibidas o luns: 2 puntos.
Os que a envíen unha resposta correcta o luns despois da publicación da primeira pista, recibirán 2 puntos.
- Respostas correctas recibidas despois de publicar o tema completo: 1 puntos.
Finalmente, os que a envíen unha resposta correcta dendo o martes ao xoves despois da publicación do tema completo, recibirán 1 punto.
- A persoa que teña máis puntos a final do mes, será obsequiada con un CD de música ao seu gusto.
- E a final de curso haberá 3 premios para os tres mellores concursantes.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada