Unha vez máis era un tema moi coñecido. E aproveito para advertiros que a partir desta semana imos procurar poñervos as cousas algo menos doadas.
O grupo era efectivamente Dire Straits, e o tema Sultans of Swing, tema que foi o seu primeiro single, e que formou parte do álbum que leva o mesmo nome que o grupo, Dire Straits
Dire Straits é o nome dunha banda britántica dos 70, fundada no 1977 polos imáns Knopfler (os guitarristas Mark e David, os que, tras a ruptura do grupo, seguiron as súas carreiras por separado), o batería Pick Withers e o baixo John Illsley.
O tema convertiuse no que seguramente foi o éxito máis importante da banda, vendendo máis de 2 millóns de copias.
O gañador da semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, e que recibe polo tanto 4 puntos é, unha vez máis, o alumno de 1º de BAC
David Garrote Yáñez
RECORDADE
A partires desta semana adiantaremos a publicación dos temas.
PUBLICARANSE OS VENRES POLA TARDE ANTES DAS 8:00

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada