Nos seus comenzos interpretaba música country, pero aconsellada por Elvis Presley pasouse ó novo ritmo.
Tivo moito éxito en todo o mundo ainda que, curiosamente, menos na súa propia terra. Wanda Jakson, "Queen of Rockabilly", segue en activo ós seus 72 anos, e gravou no ano pasado o seu último disco, adicado a Elvis: I Remember Elvis.
No obstante, houbo un tempo, a partir dos 70, no que deixou de tocar rock para adicarse á música gospel, despois de convertirse ao cristianismo.Posteriormente Rosie Flores invitouna para facer un dúo nun disco que andaba a gravar. Como consecuencia, as dúas empezaron a actuar xuntas e finalmente Wanda montou a súa propia banda, que foi moi ben acollida polas novas xeracións.
Aquí vos deixo un vídeo do ano 1958 (xa choveu...)
A gañadora da semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, e que recibe polo tanto 4 puntos é nesta ocasión a alumna de 2º da ESO
Patricia Sande Pena
RECORDADE
NOVO TEMA MAÑÁN POLA TARDE ANTES DAS 8:00
David Garrote foi o gañador do primeiro mes do concurso e polo tanto recibe o premio correspondente, un CD de música que el elixa.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada