O tema era, efectivamente, Girl,e o grupo ven sendo ese que formaron catro "melenudos" de Liverpool aló polos 60 e que pasaron á historia como The Beatles. Formou parte do album Rubber Soul, publicado en 1965.
Pouco se pode dicir que non se sepa a estas alturas deste grupo británico que sen dúbida foi o referente da música moderna no século XX. Poderán gustar ou non, pero ninguén, penso eu, discutirá que se trata da banda máis exitosa da historia da música popular.
Únicamente, como anécdota, que a súa primeira gravación nos estudios da compañía Decca, no ano 1962, foi rexeitada polo técnico en cuestión, un tal Dick Rowe, alegando que "non me gusta o sonido" e que "os grupos de guitarra pasaron de moda"... E así foi como os Beatles ficharon pola compañía EMI. Sen dúbida foi, a de Dick Rowe, unha das pifias máis sonoras da historia da música.
O tema extra era o da película Psicosis, concretamente a música da escea da ducha, como ben apuntou Irene, e foi composto por Bernard Herrmann, como cita David Garrote. Hermann foi un dos grandes compositores da historia do cine, e a el debémoslle, entre outras moitas, a música de películas como Ciudadano Kane ou Taxi Driver.
O gañador desta semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, e que recibe polo tanto 4 puntos, máis o punto adicional da película, é o alumno de 3º A
Cristian Vázquez Salazar
Facemos un resumo das respostas recibidas ao longo desta segunda semana do concurso.
Despois de dúas xornadas, encabeza a clasificación Naiara, con 8 puntos, seguida de Padtricia, David e Irene con 7 puntos.
- No fin de semana recibironse as respostas de Sheila, Alberto, Estrella, Juan Carlos, Naiara, Patricia, Thalía, Raquel, Sofía, Irene e David. Puntúan con 3 puntos.(Sheila, Estrella, Juan Carlos, Naiara, Patricia, Thalía, Irene e David, 1 punto adicional por Psicosis)
- O luns recibiose unha resposta correcta (2 puntos+1 da película): Estefanía.
- E o martes outra resposta correcta: Michelle (1 punto+ 1 da película).
- Manuel Porta e Hasna María enviaron a solución correcta da película: 1 punto.
Despois de dúas xornadas, encabeza a clasificación Naiara, con 8 puntos, seguida de Padtricia, David e Irene con 7 puntos.
A partir de agora podedes consultar a clasificación provisional do concurso en
Web Trasancos.
Deixovos un enlace no menú do blog para que accedades directamente a esa información.
Se observades algún erro, pasade polo Departamento de Orientación para correxilo.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada