O caso é que a canción, gravada finalmente en 1959 (¡fai 50 anos!), fíxose famoso en todo o mundo, e, recentemente, a revista Rolling Stone colocouna no posto número 10 na lista das 500 mellores cancións da historia da música moderna. Curiosamente, a mesma revista, na lista dos 100 mellores cantantes da historia situa ao noso home tamén en 10ª posición.
Da enorme popularidad do tema é boa proba a cantidade de versións coñecidas: John Mayall, Johnny Cash, Cliff Richard, Bobby Darin, Etta James, Roy Orbison, Jimi Hendrix, Jerry Lee Lewis, Bill Haley and The Comets, Elvis Presley...e ata os meus amigos de Rare Earth (Coñecedes o seu tema Get Ready?) versionaron o tema con maior ou menor fortuna.
De todas elas, preséntovos tres, a ver que vos parecen.
A orixinal, nun concerto de Ray Charles en 1997:
A de Jerry Lee Lewis, do ano 1969
E a do Rei...
O gañador da semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, e que recibe polo tanto 4 puntos é nesta ocasión o alumno de 1º de BAC
David Garrote Yáñez
RECORDADE
NOVO TEMA MAÑÁN POLA TARDE ANTES DAS 8:00
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada