martes, 22 de diciembre de 2009

GAÑADOR DA SEMANA NÚMERO OITO

Sempre me preguntei pola orixe do nome do tema desta semana, interpretado por Creedence Clearwater Revival, seguramente na súa versión máis coñecida: Suzie Q, tamén chamado Susie Q e mesmo Suzi Q.
Pero como a historia merece un capítulo especial, prefiro contala con máis tempo.

Así que si sentides curiosidade por este clásico entrade nun par de días no meu curruncho musical.

O caso é que esta última semana do ano non houbo máis que 3 respostas correctas.

E o gañador da semana, por enviar a primeira resposta correcta que chegou ao buzón, é de novo o alumno de 1º de BAC
David Garrote Yáñez

Está a clasificación actualizada en Web Trasancos.

ESTAMOS DE VACACIÓNS

APLÁZASE O CONCURSO ATA NOVO AVISO