Amosando publicacións coa etiqueta glackma. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta glackma. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de outubro de 2017

Cando xa non esté. Glackma

1 Parte




Adolfo e Karmenka participan no programa de Iñaki Gabilondo "Cuando ya no esté" para contarnos como o desxeo dos glaciares está afectando ao cambios climático producido polo quentamento global do planeta. Carlos Caraglia graba con drones a fermosísima paisaxe e a entrevista. Magnífico traballo e moi esclarecedor sobre o papel dos glaciares no clima e como preservadores da vida no planeta.

2ª Parte

luns, 1 de maio de 2017

despedida GLACKMA ferrol





Hoxe estivemos na emotiva despedida a Carlos, Karmenka e Adolfo na súa viaxe científica a Islandia para a medir o efecto do cambio climático no desxeo dos glaciares. Moita emoción despedir a estos arriscados expedicionarios, desexmosllse moita sorte no seu traballo e seguirémolo dende o noso IES e dende este blog.

mércores, 5 de abril de 2017

GLACKMA NO IES. VISITA INESPERADA E MOI FELIZ



Encantados estivemos todos na presentación do traballo de Adolfo, Karmenka e Carlos de GLACKMA no IES. Compartiron con nos a súa dura laboura que consiste en medir o desxeo dos glaciares, síntoma do quentamento global, a sabiduría de científicos o ímpetu e valentía de expedicionarios, o seu desexo de coñecer, a necesidade de saber a alegría de ser e estar neste mundo global.
Rematada a ponencia tivemos o placer de charlar e departir con eles sobre o seu traballo, sobre as dificultades que supon para os animais e persoas que habitan o mundo polar a perda do seu hábitat, da súa próxima expedición a Islandia e Noruega, das súas vivencias.
Karmenka sorprendeuse de que na biblioteca do  IES tiveramos o seu libro  Diario Polar e tiveron a deferencia de dedicárnolo  á vez que comentaba emocionada como foi a labor de redactalo. Carlos prometeu volver e dedicarnos unhas horas a poñernos ao día na técnica da fotografía e animou ao alumnado a participar nun proxecto fotográfico.  Comprometeronse a manternos informados das súa vindeira expedición a Islandia,  contaronnos  de terras lonxanas e abriron as apetencias aventureiras e científicas do noso alumando e as miñas propias. Todos queremos participar no proxecto GLACKMA e  coñecer ese mundo xélido  e perfecto que estamos a destruir.
Comprometidos estamos coa labor de GLACKMA! Moitas grazas pola vosa visita.

martes, 4 de abril de 2017

Glackma no IES

Grazas Adolfo, Karmenka e Carlos pola oportunidade que nos brindades de colaborar con vos neste proxecto no que poñedes tanta pasión e traballo. Estamos contaxiadas! Vos acompañaremos en toda esta aventura e traballo pola ciencia, polo medioambiente, polo Planeta e todos os seus habitantes, humanos, animais e vexetais. Paga a pena!

luns, 3 de abril de 2017

Blog do IES Terra de Trasancos: Glackma visita o IES

Blog do IES Terra de Trasancos: Glackma visita o IES




A nosa visita inesperada faise esperar, hoxe non poido ser pero mañá martes estarán con nos

O mito de que os científicos son despistados é certo.  Adolfo e Karmenka , finalmente virán mañá ás 11,20. Actividade destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

domingo, 2 de abril de 2017

Glackma visita o IES

Mañá as 12:30 esperamos a visita inesperada pero feliz de Karmenka, Adolfo e Carlos Caraglia, (GLAGKMA)

Non volo perdades alumnado e profesorado trasanques porque son os heróes da loita e estudo do cambio climático, saben máis de glaciares e do Artico que os inuits e fan a súa intervención amena e educativa.