Chegou Nadal e neste tempo asoma toda a solidaridade no IES.
COMERCIO XUSTOE E COMERCIO DE PROXIMIDADE:
Temos na entrada dous postos, un de
comercio xusto e outro de
comercio de proximidade, que estan abertos e atendidos por alumnado do Centro nos recreos. O comercio xusto retribue o traballo de forma digna e coida dos recursos naturais. O comercio de proximidade estimula a actividade económica da zona, consume menos enerxía e reparte a riqueza de xeito máis equitativo que a compra en grandes superficies.
Animadevos a mercar!
RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
Doutra parte un grupo de alumnos de 2º de ESO van ir axudar ao
Centro de Recursos
Solidarios de Narón e gustaríanos levar algunha
axuda para eles como leite, conservas de alimentos, galletas, cacao e alimentos precociñados( tipo latas de albóndigas, fabadas,etc). Mirade que a data de caducidade non sexa moi próxima.
Estamos a colocar as caixas nas aulas para a recollida e o profesorado xa ten na sala de profes unha caixa.
Como vas de solidariedade?