Blog do IES Terra de Trasancos
Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
xoves, 24 de outubro de 2019
Lendo por terras de Trasancos: Día da Biblioteca
Lendo por terras de Trasancos: Día da Biblioteca: Autor. Miguel Calatayud PREGÓN. Autora Gemma Pasqual A SEN CONTO Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe ...
venres, 11 de outubro de 2019
11 DE OUTUBRO "DÍA DE SAÍR DO ARMARIO" EN TRASANCOS
Hoxe celebramos o "Día de saír do armario" coma mostra de que queremos un centro educativo diverso e seguro onde cadaquén poda ser o que queira ser. Retratámonos no noso photocall para facernos visibles como membros LGTBIQ+ ou como aliados e aliadas.
Pinchando aquí tedes unha mostra: FOTOS 11 OUTUBRO 2019. DÍA DE SAÍR DO ARMARIO
Aquí podedes ver o que se fixo noutros institutos de Galicia coma o Castro Alobre de Vilagarcía : https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/10/12/rompamos-os-armarios/0003_201910G12P24992.htm
luns, 9 de setembro de 2019
MATRICULA EN FP BÁSICA
DATAS MATRÍCULA FPBASICA
Matrícula para FPBásica de Comercio e Electricidade:-Recollida das solicitudes ata o día 12 ás 13:00 horas.Os alumnos que van para segundo tamén deberán solicitado ata ese día.
-Día 13, venres, publicación da listaxe de admtidos e non admitidos.
-O alumnado admitido deberá formalizar matrícula entre o día 13 e o 20 de setembro.
-O alumnado non admitido pode presentar reclamación no centro os días 16 e 17.
martes, 3 de setembro de 2019
Admisión a Ciclos Formativos F.P
Neste enlace tes as instruccións e calendario para a matrícula na FP.
Espabila, non te quedes sin praza!
https://iestrasancos.blogspot.com/2019/06/admision-ciclos-formativos-fp-2019-20.html
Espabila, non te quedes sin praza!
https://iestrasancos.blogspot.com/2019/06/admision-ciclos-formativos-fp-2019-20.html
martes, 9 de xullo de 2019
DESPEDIMONOS DO CURSO 2018-19
Cos seus libros, seus apuntes, libro
diario, programacións
corre a clase, fai as gardas e non esquezas as reunións.
corre a clase, fai as gardas e non esquezas as reunións.
titorías, pasa lista, fai das
clases diversión
profesorado de Trasancos traballa
sen compaixón.
Manolo gaña un premio, o acompaña Orientación.
O alumnado da ESO xunto con Olga e Antia
gañan a olimpiada de inxeñeria
e a Granada van en competición.
gañan a olimpiada de inxeñeria
e a Granada van en competición.
Visitanos Reimóndez e se monta a
revolucíón,
tamén temos a visita da alcaldesa do concello de Narón
tamén temos a visita da alcaldesa do concello de Narón
Ao mercadillo solidario veu Natalia
concelleira de formación,
a todas agradecemos o tempo adicado na nosa atención
De Erasmus en Amsterdan temos
alumnado de Administración,
mentras o Coro Solidario deleita
coa súa actuación
Grazas Graciela e Olga pola vosa
dedicación
Un magosto nos axuda a remontar a
primeira avaliación.
En Nadal tivemos festa, mercadillo
comercio xusto e cooperación.
Gabamonos das nosas portas
engalanadas para a conmemoración,
4º da ESO co belén sorprendenos coa
súa representación.
Antroido chega e facemos festa,
profes e alumnado difrazámonos esperando galardón
...que acapara Queen como gran revelación.
Do 8 de marzo facemos
reinvindicación,
comprometidas na igualdade, somos a
metade e imos de manifestación.
En xuño celebramos o Orgullo
presumindo da diversidade
en defensa do colectivo LGTBI facemos unha exposición.
Chega a semana verde que vai pola
25 edición,
celebramos o concurso Ignacio López de presentacións,
Conchi e Bea manteñen viva esta
tradición.
No mercadillo de libros solidario con COMETA,
Mila e o seu alumnado de comercio
levan o peso da venta.
Encantados coa visita de Sabela a cadela que agarda un fogar
Ven quixeramos que todos os amimaliños, COMETA
poidera coidar.
O 17 de maio é o noso Día das Letras.
¿Como o celebramos?
Organiza Carmen e encarganos facer camisetas!
Remata o curso sin esquecer todos os proxectos que tivemos que atender
¿Como o celebramos?
Organiza Carmen e encarganos facer camisetas!
Remata o curso sin esquecer todos os proxectos que tivemos que atender
Proxecto TEI, Terra, Correspondentes, emprendedores
En todos eles temos a oportunidade
de colaborar e aprender
Dende a bilioteca e con ilusión,
as cidades invisibles chaman a nosa
atención
Pompeia, Tombuctu, Prypyat
alimentan nosos sonos e pesadelos
Fornecen clubes de lectura de clásicas
de adultas, inglés
e o preferido pola rapazada: os
mangantes club de manga de moito interés
Grazas, María, Lola, María Xosé,
Bea, Patricia, Chus e Mercedes
O amor aos libros sempre ten
recompensa, ocupa saber e lecer.
Todas as viaxes que o noso alumnado
emprende
con curiosidade polo mundo adiante.
De Inglaterra a Portugal, coñecendo Galicia
Outras xentes, outras culturas, prezada
experiencia
Que o alumnado disfruta da man do
profesorado.
Rematamos o curso cun gran festival
donde o talento se mostra de xeito
tan natural,
recoñecemos os méritos, o noso
alumnado é o noso capital
Chega a despedida, algunhas vanse,
outros tamén se van,
profesorado que deixa gran pegada en
todos,
alumnado que con ilusión afronta un
novo camiño,
saídes soiños a voar fora do niño.
Non nos esquezades, por sempre
quedaredes con nos.
Tras un curso de traballo
de alegrías e emocións
¿Que queremos en Trasancos?
Voto a Brios! VACACIÓNS!
sábado, 22 de xuño de 2019
mércores, 19 de xuño de 2019
ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS FP 2019-20
A Consellería de educación ven de publicar o calendario e instruccións para a admisión a ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2019-20.
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a aplicación informática xera un impreso de solicitude. O formulario está en http://www.edu.xunta.es/fp/admision-2019-servizos-en-lina
Tedes toda a información na páxina informacion xeral de admisión
sábado, 8 de xuño de 2019
CONTACONTOS EN INGLÉS NO CEIP DE PIÑEIROS
| ||
Luis e María- Amelia wants a dog |
Cris a nosa tradutora ao galego |
The Little White Rabbit |
The Little White Rabbit |
The Little White Rabbit |
The Little White Rabbit |
The Three Billy-Goats |
Este martes, día 4 de xuño un grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato do IES Terra de Trasancos acudiron ao CEIP Piñeiros, xunto coa profesora de Inglés, Beatriz Fernández a escenificar e contarlles un conto en inglés ao alumnado máis cativo. A actividade desenvolveuse na biblioteca do CEIP.
Así nolo conta Beatriz:
A representación organizouse en tres sesións dirixidas ao alumnado de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil do colexio. Contamos tres contos: The Three Billy-Goats (Chibos Chibóns), The Little White Rabbit (O Coelliño Branco) e Amelia wants a dog (Amelia quere un can).
Luis Bello, Andrea Bustabad, Cristina Freire, Yaiza Gutiérrez,
Antón Queipo, María Saavedra e Sara Santiago, de 1º Bacharelato
estiveron ensaiando conmigo ao longo do curso en recreos e, nas últimas
semanas, en dúas tardes, a última delas o luns 3 de xuño no cole. É
de agradecerlles todo este traballo que compaxinan cos seus estudos
cara aos exames nos que se ven inmersos durante este fin de curso.
Os alumnos e alumnas ensaiaron os contacontos fóra do seu horario lectivo xunto comigo pese a que non lles dou clase este ano. Fixérono realmente ben, aínda que
era a súa primeira vez, e estou moi orgullosa deles.
Dedicamos tanto profesorado como alumnado parte do
noso tempo libre, pero paga a pena ver a reacción e como atenden e se divirten os nenos e nenas de Infantil de
Piñeiros que quedaron encantados.
Tal foi o noso éxito que temos en mente continuar a nosa xira.
sábado, 25 de maio de 2019
Dia das letras galegas no IES. Actividades
Celebramos o día das Letras Galegas con varias actividades entre as que destacamos un concurso de diseño de camisetas cun lema que fai referencia a comenmoración do día e o coñecemento de xogos tradicionais. O alumnado probou a xogar a estes xogos que eran o pasatempo dos nosos maiores (e non tan maiores).
martes, 21 de maio de 2019
APLICACIÓN WEB SOBRE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA
Dende o IES Chan do Monte de Marín, facilítannos esta aplicación web creada polo alumnado de 2º de Bacharelato na materia de TICS. Nela podemos atopar dun modo intutitivo, información sobre:
- Táboas de ponderación de materias e graos
- Listado de titulacións ofertadas en Galicia, con notas de corte, vacantes e con posibilidade de filtrar e ordenar por diversos criterios.
- Ligazóns ás páxinas de cada universidade
domingo, 12 de maio de 2019
1º Premio na II Olimpiada de Inxeñaria
O alumnado do IES Terra de Trasancos de Narón ven de gañar a fase galega da II Olimpíada de Enxeñaría que se celebrou na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.
O equipo formado por Alvaro Gómez, Sergio Beceiro, Andrea Ruiz, Pablo Filgueira,Rosalía Baptista e a profesora Olga Martínez conseguiron hoxe o primeiro premio autonómico da Olimpiada de Enxeñeiros, e representará a Galicia nala final nacional que se celebrará en Granada o 31 de maio
O IES Terra de Trasancos foio único da comarca que participou no certame, que está dirigido a estudantes de 1º e 2º de ESO co obxectivo es dar a coñecer a Enxeñaría fomentar a aproximación do alumnado de ESO á universidade.
Cada un dos centros que participan propon un equipo de cinco estudiantes que teñen que resolver unha serie de probas de diseño e creatividade basadas en problemas de enxeñaría nun tempo limitado.
O equipo formado por Alvaro Gómez, Sergio Beceiro, Andrea Ruiz, Pablo Filgueira,Rosalía Baptista e a profesora Olga Martínez conseguiron hoxe o primeiro premio autonómico da Olimpiada de Enxeñeiros, e representará a Galicia nala final nacional que se celebrará en Granada o 31 de maio
O IES Terra de Trasancos foio único da comarca que participou no certame, que está dirigido a estudantes de 1º e 2º de ESO co obxectivo es dar a coñecer a Enxeñaría fomentar a aproximación do alumnado de ESO á universidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)