mércores, 16 de xaneiro de 2019

María Reimóndez visita o IES Terra de Trasancos



María Reimóndez, "fai literatura para construir o mundo, para facelo mellor a traves da palabra". 

Escritora, feminista, galega nada en Lugo , doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio, e teatro. Colaboradora en medios galegos ten publicados artigos en revistas, xornais e artigos académicos en revistas especializadas e Internet. 


Parafraseando a Bertolt Brech cito uns versos que teño nas miñas lembranzas ligados as cancions de Silvio Rodríguez so que nos versos orixinais e nas cancións os loitadores nomeaos exclusivamente aos homes

“Hai persoas que loitan un día e son boas.
Hai outras que loitan un ano e son mellores.
Hai quen loita moitos anos, e son moi boas.
Pero hainas que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles”

Con vos María Reimondez, escritora galega, activista feminista, implicada no desenvolvemento, loitadora toda a vida, muller imprescindible.

Abandonar non é unha opción. Loitar é a súa única maneira de estar viva.