Noraboa ao noso Coro solidario que se esta a facer un oco no espazo europeo!
Os rapaces e rapazas do Coro estan entusiamados e ilusionadas coa súa viaxe a Bruselas o vindeiro 27 de Abril para participar no European Music Festival for Young People en Neerpelt.
Resultar seleccionados para un evento internacional de tal importancia xa non enche de satisfacción, coñecer a capital europea e darnos a coñecer é un premio para todos nos, compartir a experiencia con outro xovenes da U.E. vai supñer unha experiencia enriquecedora. Noraboa tamén OLga e Graciela que co su traballo fan posible o Coro Solidario
Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
venres, 24 de novembro de 2017
venres, 3 de novembro de 2017
SEMANA DO MEDO
Esta semana pasamolo de medo no Insti! Adicamos a semana das ánimas ao director Tim Burton autor de entre outras “Pesadelo antes de Nadal” e a “Noiva cadáver”
Na Biblioteca limos contos de medo creados por nos, dibuxamos persoaxes máxicos e terroríficos e no salón de actos asistimos a proxección de curtas de Tim Burton.
Acabamos a semana do medo “maqueandonos” ao gusto do director: faces pálidas e esqueléticas. Un puntiño de terror e de tenrura para unhas persoaxes que nos acompañan no noso itinerario vital e xa forman parte da nosa imaxinación
Grazas a todos e todas as participantes e organizadoras:
A Graciela e Chus e Maria Xosé, polo traballo e imaxinación que lle botan
A Bea pola decoración tan impresionante que da encanto ao Centro e anima a participar. Superaste cada ano!
Ao alumnado de ESO que participou, escribiú e contou contos de medo, realizou dibuxos, maquillou e deixouse maquillar e sobre todo divirtiuse e disfrutou da semana!
E Grazas Tim Burton por crear ese mundo tan peculiar e máxico e facernos pasar medo disfrutando coas túas peliculas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)