Amosando publicacións coa etiqueta correspondentes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta correspondentes. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de outubro de 2018

Correspondentes Trasancos

correspondentes3




O curso pasado comenzamos a colaboración  no proxecto de Correspondentes  xuvenís 3.0  promocionado pola Dirección Xeral de Xuventude no que participou con éxito alumnado e profesorado de Ciclo Medio e FPB e de 3º  da ESO PMAR 
·         Recibimos a visita da directora da Dirección Xeral de Xuventude.
·         Creamos e mantivemos un blog e unha páxina de Facebook e mantivemos un taboleiro informativo co obxecto de difundir a información de interese para o noso alumnado.
·         Por mor desta información. enviamos a alumnas o Ciclo Superior de viaxe a Italia e Xapón,
·         Participamos nos encontros de correspondentes xuvenís en Gandarío.


 A participación está aberta a alumnado e profesorado titor ou que imparta clases no grupo

Os obxectivos do progama de  correspondentes 3.0 con respecto ao alumnado son 
  • Responsabilizarse de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
  • Entender a importancia de acceder a información, seleccionando en orde a pertinencia e adecuación e contrastando as fontes.
  • Desenvolvemento en comunicación oral e escrita  e na presentación da información recollida.
  • Dinamización  da comunicación e fomento da participacion do alumnado en actividades, bolsas, concursos, formación, cooperacion  dirixidas a xuventude
  • Fomento do voluntariado xuvenil.
  • Crear redes de comunicación e participación xuvenil coñecendo as oportunidades que ofrece tanto a Xunta por medio da Dirección de Xuventude como o Concello e concellos de procedencia do alumnado.

Para elo os correspondentes terán as seguintes funcións:
  1. Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
  2. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp..
  3. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
  4. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
  5. Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta
Beneficios para os/as correspondentes:
  • Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
  • Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné de estudante internacional (ISIC)e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
  • Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
  • Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
  • Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
Beneficios para o profesorado colaborador:
  • Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher)
O alumnado e profesorado que desexe participar deberá dirixirse ben a Carmen  Martínez (vicedirectora do centro) ou ben a Lola Pazos (coordinadora de correspondentes)

venres, 16 de febreiro de 2018

Visita da Directora Xeral de Xuventude ao IES Terra de Trasancos

Correspondentes xuvenís  xunto coa Directora Xeral, Concelleira de Ensino de Narón, e membros daDirección do IES
A Directora Xeral de Xuventude visitou hoxe ao noso equipo de Correspondentes Xuvenís co fin de felicitalos e recoñecerlles o traballo desenvolvido para espallar a información de interese para o noso alumnado.

Temos maís información no blog de correspondentes

https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/2018/03/visita-da-directora-xeral-de-xuventude.html

domingo, 3 de decembro de 2017

Correspondentes IES Trasancos

Arrancamos un novo proxecto Correspondentes xuvenís 3.0

Detectada a necesidade de divulgar información dirixida a xóvenes a Dirección Xeral de Xuventude lanza o  programa Correspondentes Xuvenís 3.0.

Cales serán as  funcións dos correspondentes?

  • Difundir no Centro educativo a información que nos envien tanto dende a Dirección Xeral da Xuventude como da OMIX do Concello e dende os concellos limitrofes dos que o noso alumnado procede (Neda, Ferrol, San Sadurniño, Valdoviño, Pontedeume).
  • Informar de actividades, concursos, proxectos que se fagan no IES e que pensedes que poden ser interesante para o alumnado e para outras persoas.

Como se difunde a información? 


  • Seleccionando  a información relevante e e difundindo  a través do taboleiro de anuncios do centro,situado ao lado da secretaria, donde tamén se instalará unha mesa de atención e información persoal.
  • Reenviando a información a través das redes sociais : Instagram, twiter, facebook, whatsapp, blog
  • Establecendo contacto e buscando información relevante nas páxinas e redes dos concellos

Que recibimos a cambio?  

  • O carné xove e ao final do programa un certificado de Voluntariado no que se xustifica o traballo desenvolvido  durante todo o curso.
  • Podemos solicitar  da Dirección Xeral de Xuventude o carné ISIC e o carné Alberguista para as vosas viaxes. 
  • Participar nun encontro de Correspondentes para mozos e mozas de toda Galicia  ao final do curso durante unha fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío con actividades acuáticas.

Como atoparnos nas redes sociais?

https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/Correspondentes-IES-Terra-de-Trasancos-450230348708280/

E en breve: En Instagram e Twitter