xoves, 22 de decembro de 2016

Felicitación Nadal

Os mellores desexos para todos vos nestas festas. Temos moito que aportar ao mundo, alegría nas celebracións da amizade e o reencontro coas familias, integración de todas as persoas independentemente da súa condición, traballo pola paz e concordia. Que o vindeiro ano sexa de verdade o ano da paz e da igualdade


mércores, 23 de novembro de 2016

O Coro Solidario participa no concerto de Nadal en Narón

O Coro Solidario participa no concerto de Nadal en Narón

O Coro Solidarium vai participar no concerto do día 22 de decembro no Pazo da Cultura de Narón. Infórmame Luciano que as entradas están xa á venda por se vos interesa vir a vernos.
Tamén me informa o Padroado que haberá descontos para pais e nais dos integrantes do Coro Solidarium.

Compartiremos escenario co coro góspel SOUTH CAROLINA GOSPEL CHORALE. Non volo perdades!!

 

martes, 8 de novembro de 2016

O Samaín no Instituto

O Samaín no Instituto


Alumnos e alumnas de 1º  e 2º ESO recuperando a celebración do Samaín  e admirando as terroríficas cabazas 
A primeira cabaza co tema "Joker e Harley Quinn" foi realizada por Martín e Candela. A cabaza gañadora do concurso co tema "Cabaza caníbal" realizada por Mencía e Estela de 1º ESO B


Chegadas as datas do Samain,  no Instituto gustanos celebralo con moitas actividades nas que podemos participar toda a comunidade escolar. No vestíbulo do Centro temos expostas as cabazas que participaron no concurso de cabazas. Noraboa as gañadoras  Estela e Mencía de 1º de ESO B e a todos os participantes polo alto nivel de creatividade acadado!


    

Catrina, imaxe popular mexicana para celebrar o día de defuntos fixo unha visita ao noso Centro


martes, 18 de outubro de 2016

CONCURSO DE CABAZAS




- Podedes  participar todos os alumnos e alumnas da ESO.
- Presentando unha cabaza tallada e/ou adornada con todo tipo de materiais. 
- A participación pode ser individual ou por parellas.
- Para participar deberedes inscribirvos en conserxería ata o luns 24 de outubro . 
- O venres , 4 de novembro, ás 8:30, deixaredes a vosa cabaza no vestíbulo xunto cun sobre pechado onde irá o voso/s nome/s e grupo (os membros das parellas poden ser de distintos cursos) .
- De 11:20 a 12:30 poderedes baixar  á exposición de cabazas todos os grupos nos que haxa algún/s participante/s.
- Antes de subir ás clases, o xurado (formado por tres membros do Equipo de Normalización), dará a coñecer o gañador  ou gañadores do concurso.
-Premio: será sorpresa e non se poderá entregar ese día, pero  será orixinal, divertido, útil…..,en fin, algo á túa medida e que dará mooooito que falar!!!  O premio será exposto e entregado tamén no vestíbulo a semana seguinte ao concurso.

SE NON QUERES PERDER A FESTA, INSCRÍBETE XA E PARTICIPA!!!  

Colaboran: Equipo de Normalización Lingüística e Vicedirección .



xoves, 9 de xuño de 2016

A CURTAMETRAXE REALIZADA POR 1º DE BACHARELATO PREMIADA NO V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO,


A curta realizado polos alumnos de audiovisuales de 1º de Bachacrlato foi galardonada co premio do público no V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO

A entrega de premios farase o día 10 de xuño no Auditorio de Cangas. Se a alguén lle apetece ir que nos avise.
                

martes, 7 de xuño de 2016

XXV ANIVERSARIO IES TRASANCOS


Despois de moito traballo casi estamos a punto para celebrar os 25 anos do IES!. 
O día 11 sábado No Pazo Da Cultura de Narón celebramos unha gala a que vos invitamos. As entradas son de balde e podense coller ate catro.
Gustarianos celebralo con todas as persoas que forman parte da nosa Historia. Non o dúbides e ven con nos!

mércores, 18 de maio de 2016

Premiados no certamé Intercentros

O xoves día 19 de maio, un grupo de alumnas e alumnos van recoller premios na Clusura Intercentros. En concreto recollen os seguintes premios: 
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 1º CICLO DA ESO: "DON CAPITÓN" 
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 2º CICLO DA ESO. 
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA CANCIÓN 2º CICLO DA ESO: "MEMORIA DA NOITE" 
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "CARMIÑA, A NENA POSUÍDA" 
ACCÉSIT AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "UN MALETÍN, UNS POLICÍAS E UN ASASINATO"  
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS BACHARELATO: "COUSAS DE VELLOS" 
Ademáis o Coro Solidarium realizará a Clausura este ano pois somos centro organizador.

Aínda que non resultou finalista este corto é divertidisismo

Aínda que non resultou finalista este corto é divertidisismo
Somos finalistas no Concurso de curtas OLLOBOI con dúas curtas: "Cousas de vellos" na categoría Curta cómica dos alumnos de 1º de Bach de audiovisuais e "Un maletín, uns policías e un asasinato" na categoría Online, feita polos alumnos de 2º de ESO (EN XUÑO AS VEREMOS NO FESTIVAL pero se queredes velas antes só tedes que entrar en 
olloboi finalistas.
A entrega de premios realizarase en Boiro o día 28 de maio. 

venres, 13 de maio de 2016

VIAXE A LUGO DE 3º ESO



VIAXE A LUGO

Museo Provincial


Por Juanma Roca Fernández (3º ESO)

O pasado día 3 de maio, os alumnos de 3º ESO do IES Terra de Trasancos, vivimos unha experiencia, para a maioría, inolvidable. Foi un día de aventuras baixo o sol, nun sitio tan bonito e histórico como Lugo.

Era ben cedo cando o bus nos recolleu pola mañá. Aínda ía frío e resultou agradable encontrarse nun novo e cálido vehículo.

Despois da viaxe, chegamos ao noso primeiro destino do día: o Museo Provincial de Lugo.
Alí tivemos unha divertida competición entre catro equipos. Esta consistiu basicamente en demostrar que tiñamos lido o libro Contos no museo e que éramos áxiles buscando pistas por alí, enchendo cada equipo o seu formulario. Houbo un empate de acertos, pero o tempo desbloqueou todo. Ademais, puidemos contemplar obras mestras relacionadas co mundo castrexo e outros moitos temas.

Tras isto, visitamos a Catedral. Tivemos a oportunidade de observar unhas estructuras impresionantes e preciosas figuras relixiosas.

Xa vistos o Museo e a Catedral, quedábanos un dos lugares que ten unha gran importancia na cidade. Esa construción que vai máis alá da simple enxeñería e que marca territorio.
Si, é o que pensas, o noso destino era a muralla romana de Lugo: unha antiga construción e, á vez fundamental, na cultura e o turismo lucenses. Demos unha longa caminata ( en concreto de 2.266 m ), pero sen dúbida o esforzo valeu a pena.

Era xa a hora de xantar e tivemos algo máis de hora e media pra ir a un restaurante ou tomar o noso bocadillo. Tamén houbo tempo para disfrutar da magnífica “Praza Maior” e pasear un pouquiño co xeado na man.

A nosa última parada foi o Castro de Viladonga. Antes de velo, estivemos nun pequeno museo no que disfrutamos dun interesante documental e observamos todo tipo de obxectos.
Despois chegamos ao castro. Os cúmulos de pedra formando liñas curvas revelaban unha importante parte da historia da nosa terra.
Finalmente, o bus veu por nós, e así, levándonos de volta, deu fin a unha das mellores excursións que polo menos eu tiven na vida e, sobre todo,  unha das máis produtivas e divertidas.

Un pracer ter ido.

Saúdos




Porta daCatedral

Catedral de Lugo

Praza Central de Lugo

As Murallas Patrimonio da Humanidade

Cultura Castrexa
Imaxes relixiosas o Museo Provincial de Lugo