Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de maio de 2019

1º Premio na II Olimpiada de Inxeñaria

O alumnado do IES Terra de Trasancos de Narón ven de gañar a fase galega da II Olimpíada de Enxeñaría  que se celebrou na  Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

O equipo formado por Alvaro Gómez, Sergio Beceiro, Andrea Ruiz, Pablo Filgueira,Rosalía Baptista e a profesora Olga Martínez conseguiron hoxe o primeiro premio autonómico da Olimpiada de Enxeñeiros, e representará a Galicia nala final nacional que se celebrará en Granada o 31 de maio

O IES Terra de Trasancos foio único da comarca que participou no certame, que está dirigido a estudantes de 1º e 2º de ESO co obxectivo es dar a coñecer a Enxeñaría  fomentar a aproximación do alumnado de ESO á universidade.

Cada un dos centros que participan propon un equipo de cinco estudiantes que teñen que resolver unha serie de probas de diseño e creatividade basadas en problemas de enxeñaría nun tempo limitado.

















sábado, 30 de setembro de 2017

Premio Plan Proxecta de Innovación educativa


Graciela, Mercedes e Beatriz profesoras do IES recollen o galardon otorgado pola Xunta a participación no Plan Proxecta de Innovación Educativa. Noraboa e a seguir traballando con ilusión e perseverancia porque sabemos que o noso traballo transforma o mundo.

domingo, 10 de setembro de 2017

Premio no Festival Internacional de Curtas FICBUEU


Graciela e Carmen orgulosas de recibir o galardón que acredita o 1º premio no concurso na modalidade mellor curta de ensino secundario no FICBUEU 2017



A curta "cousas de vellos" realizada por alumnado de 1º de Bacharelato do IES Terra de Trasancos recibeu o 1º premio de curtas de ensino secundario no FICBUEU 2017. Recolleron o premio Graciela e Carmen profesoras do instituto.
Pincha no enlace Cousas de vellos para ver a curta premiada

xoves, 9 de xuño de 2016

A CURTAMETRAXE REALIZADA POR 1º DE BACHARELATO PREMIADA NO V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO,


A curta realizado polos alumnos de audiovisuales de 1º de Bachacrlato foi galardonada co premio do público no V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO

A entrega de premios farase o día 10 de xuño no Auditorio de Cangas. Se a alguén lle apetece ir que nos avise.