venres, 29 de xuño de 2018

Volveremos!!




Cos ollos da despedida vemonos este día, cousas da nosa vida.
Cos ollos da despedida, as aulas semmellan cousa perdida
A sala de profes estaba baleira na hora da despedida,
e con todo aínda queda moito papel por reciclar na nosa vida.
Cos ollos da despedida non podemos decir máis que
vemonos a volta e será outro día
Sobre un verso de Alaide Fopp

domingo, 24 de xuño de 2018

Apúntate a F.P. no teu concello.


Elexir familia profesional.
Elexir Grao da FP ao que accedo según as miñas acreditacións académicas.
Elexir ciclo e Centro educativo
Cubrir  solicitude de admisión e presentala no Centro
Cubrir  a matrícula e presentala no Centro



Sabías que estudar un ciclo de a Formación Profesional é a forma máis sinxela e direita de achegarte ao mundo laboral?

A Formación Profesional abrangue ordenadas en Familias profesionais todas as profesións clasificadas no  Catálogo de Cualificacións Profesionais.  Esta clasificación deriva nun conxunto de competencias profesionais que debes acadar para ter un título que acredita que estas capacitado para a túa profesión.

Obter un título de Formación profesional certifica os teus coñecementos e aptitudes para a profesión elexida, sin título dificilmente atoparas un traballo. Os títulos de Formación profesional teñen validez en todo o estado español e son homologables no espazo da U.E.

A Formación Profesional é eminentemente práctica, acompañada e guíada polo equipo docente. Os currículos dos ciclos están organizados en módulos que abranguen unha serie de competencias profesionais relacionadas.

Todos os ciclos comprenden un módulo de Formación en Centros de Traballo que completa a formación práctica, achega ao alumnado a práctica profesional en empresas e demostra que adquiriche as competencias profesionais propias do Título. 
En caso de non acadar o título, se expide a  certificación dos módulos superados que che permitirán demostrar a tua competencia de cara ao mercado laboral.
Sabías que podes estudar un ciclo de Formación Profesional Básica incluso sin ter titulación académica algunha

Os estudos de Formación Profesional estan estructurados en niveles,  dende a Formación Profesional Básica que non necesita  titulación en ESO ate o Grao Superior que exixe para o acceso titulación mínima en Bacharelato ou Grao Medio de Formación Profesional

Formación Profesional Básica: Si non titulache en ESO  e tes entre 15 e 17 anos ou excepcionalmente para maiores de edade sin titulación podes acceder a o Grao Básico de F.P con duración xeral  de dous cursos académicos. O título Básico ademáis de acreditar as competencias profesionais básicas da túa profesión permite continuar estudos de Grao Medio na F.P.

Os ciclos de Formación Profesional Básica comprenden módulos en Comunicación e sociedade e ciencias aplicadas e permite, unha vez superados e a decisión do equipo docente,  a obtención do título de graduado en ESO.

Formación Profesional de Grao Medio: Si tes a titulación en ESO, podes elexir entre todos os ciclos de Grao Medio da F.P. ao que tamén se accede por Proba de acceso ou co título de FP Básica. O título de Técnico capacitate para realizar traballos da túa profesión de nivel medio con responsabilidade e autonomía e ademáis permite continuar estudos xa sexa de FP Grao superior  ou de Bacharelato.

Formación Profesional de Grao Superior. Si tes un título de Bacharelato podes acceder a calquer ciclo formativo de Grao Superior, tamén se accede por medio de proba ou co título  de grao medio de FP con preferencia nas familias profesionais relacionadas no currículo do Ciclo. Este título ten gran nivel de empregabilidade, incluso superior ao Grao Universitario nalguns postos de traballo, xa que capacita para realizar as funcións de Técnico Superior en empresas públicas e privadas e permite continuar estudos na F.P de Grao Superior ou o  acceso a Universidade.
Decidete porque o futuro empeza hoxe

No cadro superior tes os pasos que deberías contemplar para a matrícula en F.P. e os enlaces a información para guiar os teus pasos. 
Lembra que o prazo para presentar as solicitudes empeza o 25 de xuño e remata o 3 de xullo as 13:00.
Debes realizar a solicitude por medio da aplicación informática de admisión, imprimila e entregala no Centro. No vestíbulo do IES están operativos ordenadores para realizar a solicitude.
Posteriormente debes comprobar a adxudicación de prazas en primeira e segunda adxudicación según o calendario de admisión e proceder á matrícula dentro do prazo ordinario (ate 0 31 de xullo). 
Mira tamén       información importante sobre admisión a ciclos formativos

Oferta formativa F.P 2018-19








Oferta formativa en centros públicos de Narón  2018-19