martes, 27 de novembro de 2018

CLUBE DE LECTURA LETRAS PARA O DESLEIXO

EMPEZAMOS CO CLUBE DE LECTURA LETRAS PARA O DESLEIXO.

25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO





















No ano 1993 a
Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas definía a violencia de xénero como «toda acción ou omisión baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada» 


O 17 de decembro de 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Dende o ano  2003 ata outubro de 2018 rexistráronse 58 asasinatos machistas en Galicia e 966 no estado español. Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade e en tódolos ámbitos, especialmente no ámbito da educación.










O alumnado de 4º ESO elaborou este traballo para denunciar as mensaxes que transmiten moitas das cancións que escoitamos normalizadamente e os sentimentos que producen as agresións verbais, físicas e de control.

Isto non remata aquí, en breve teremos máis novidades no noso compromiso coa igualdade e en contra de toda violencia de xénero.

luns, 26 de novembro de 2018

ELECCIÓNS RENOVACION DO CONSELLO ESCOLAR

Celebrase nos vindeiros días a elección e renovación do Consello Escolar, polo que nos parece preciso informar a toda a comunidade educativa dos días nos que teran lugar as votacións e procedementos.

Dada a importancia que ten o Consello no funcionamento do Centro animamosvos a participar, epecialmente a Nais e Pais do alumnado

Elección representantes do alumnado As votacións  terán lugar  os días
Todo o alumnado: 28 de novembro de 10:10 a 14:00. Na sala de titorías.
Alumnado que non poidera votar por que  o día anterior participou en actividades extraescolares: 29 de novembro de 12:10 a 12:30

Eleccións de representantes de nais/pais
 A votación será o día 28 de novembro de 16,30 a 19,30 na Sala de Titorías.

Elección de representantes do persoal docente e non docente:
 
Profesorado e persoal non docente 28 e 29 de novembro ás 12:10 a 12:30 . A razón é facilitar a todo o profesorado a emisión do seu voto (había algúns que tiñan saídas un ou outro día). Votaremos na Sala do profesorado.

Podedes consultar as listas das candidaturas no taboleiro xunto a Secretaría e na páxina web do IES

ACTIVIDADE SEMANA 26 A 30 DE NOVEMBRO


MÉRCORES 28

- Visita ao V Campionato Galego de Formación profesional Galicia Skills 2018. Silleda

Alumnado de FP (Electricidade , Electrónica e Comercio)
Toda a mañá


- Visita ao ARSENAL e MUSEO NAVAL

Alumnado de 4º ESO
9:20- 14:00 h.

XOVES 29

- Visita a SOTAVENTO

Alumnado de 2º ESO
Saída ás 9:15 h. Toda a mañá.

venres, 23 de novembro de 2018

MOSTRA TRABALLO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O alumnado de 4º ESO realizou estes murais donde se mostran fotos tomadas por elas e letras de cancións,que pretenden visibilizar a loita en contra da violencia de xénero e denunciar que moitas letras de cancións promoven esta violencia.

xoves, 22 de novembro de 2018

A MUSICA DA MENTE. ACTIVIDADE DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Xurxo Mariño, na conferencia que tivo lugar no Pazo de cultura de Narón. Foto Conchi García

Alumnado de diversos IES que asistiron a charla. Foto Conchi García


O alumnado de 4º da ESO e Bacharelatos asistiu a conferencia  de divulgación  científica que baixo o título "A Musica da mente" impartiu  Xurxo Mariño, biólogo e experto en neurofisioloxía, profesor da USC e recoñecido divulgador científico
Velaiquí duas fotos dos alumnos do IES Terra de Trasancos momentos antes de iniciar a Charla e unha foto durante a intervención do conferenciante

venres, 16 de novembro de 2018

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA 1º ESO


Autor: Marcos López Alonso
O alumnado de 1º ESO, xunto con profesorado do IES  participou o martes 13 de novembro nunha observación astronómica nocturna no concello de Muras (Lugo) impartida por varios membros da Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e da Asociación Fotografía Ferrolterra, aos que agradecemos a súas ensinazas e colaboración. 

A actividade de observación que permiteu aos participantes visualizar con gran nitidéz a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda inaugura esta nova actividade da SGHN que pretende achegar o Universo ao estudantado galego

xoves, 15 de novembro de 2018

A MÚSICA DA MENTE



O 20 novembro as 11:00 terá lugar no Pazo da cultura, de Narón a conferencia de  Xurxo Mariño , Dr. en Bioloxía e profesor UDC)  que leva por tulo: “A música da mente”

Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de BAC e 4º ESO

Organizado por 

  • IES Terra de Trasancos.
  • IES Telleiras.
  • IES Cabo Ortegal.


Coa colaboración do Concello de Narón

Resumo da actividade
“Ten dúas partes. Na primeira fai unha introdución ao sistema nervioso e ao seu sentido evolutivo, e na segunda explica como é a actividade eléctrica das neuronas, utilizando rexistros feitos no noso laboratorio. Para apreciar mellor a actividade das neuronas, converte as descargas eléctricas en sons, de xeito que se pode "escoitar" como funciona o cerebro”.