mércores, 27 de febreiro de 2019

PUBLICACIÓN DE ADMISIÓN CENTROS ADSCRITOS E PRAZO PARA DE SOLICITUDE PARA OS ALUMNOS DOS CENTROS NON ADSCRITOS



 No hay ninguna descripción de la foto disponible.
Publicada no taboleiro do centro a lista de admitidos dos alumnos de centros adscritos para o curso 2019/2020.

O VENRES 1 DE MARZO ABRÉSE O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA PARA OS ALUMNOS DOS CENTROS NON ADSCRITOS.

Os alumnos que non cursen estudos nun centro adscrito terán aberto entre os días 1 e 20 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web.
Alternativamente, ambos trámites poden facerse de xeito telemático na aplicación Admisión de alumnos á que pode accederse dende o portal da Consellería de Educación ou no seguinte enlace

martes, 26 de febreiro de 2019

LIGAZÓNS DE INTERESE PARA ORIENTACIÓN E ESTUDOS POSTERIORES


Cando temos que escoller que estudos imos empezar ou decidirnos por unha opción formativa, é importante ter toda a información. Hoxe en día contamos coa posibilidade de investigar en múltiples páxinas e recursos web. 

Deixámosvos aquí algúns dos máis importantes separados por temáticas:


1. ACCESO Á UNIVERSIDADE

Na páxina da CIUG pódese consultar toda a información relativa á ABAU (Avaliación de Bacharelato para acceso á universidade)

 ESTRUTURA ABAU

 SISTEMA DE CUALIFICACIÓN

 NOTAS DE CORTE DO CURSO PASADO


Tamén podedes revisar as diferentes titulacións do SUG (Sistema universitario galego) nas páxinas das universidades e ver as materias que se imparten en cada un dos Graos e Dobres Graos

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

GRAOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO


Se queres estudar fóra de Galicia podes consultar no Ministerio de Educación

CONSULTA DE TITULACIÓNS NO ESTADO ESPAÑOL


2. FORMACIÓN PROFESIONAL

Na páxina www.edu.xunta.es/fp está toda a información sobre acceso, probas e currículos dos ciclos formativos. Podes consultar que opcións existen na seguinte ligazón:

FOLLETOS INFORMATIVOS FORMACIÓN PROFESIONAL 


 3. ENSINANZAS ESPECIAIS

Existen unha serie de ensinanzas consideradas especiais porque se restrinxen a uns campos moi específicos. Para acceder á maioría delas é necesario superar unha proba específica relacionada co estudo en concreto. Dentro destas ensinanzas podemos sinalar:

ENSINANZAS DEPORTIVAS

ENSINANZAS DE ARTE DRAMÁTICA

ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO 

ENSINANZAS DE RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE BENS CULTURAIS 




venres, 22 de febreiro de 2019

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras

20 Feb 2019

A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2019.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.


cuadro idiomas
O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 20 de marzo de 2019.
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019 en www.edu.xunta.es/axudasle

Como será a ABAU curso 2018/2019?


Como será a ABAU...?

21 Feb 2019

No DOG do 21 de febreiro publícanse as instrucción da ABAUA proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes denominadas: parte obrigatoria e parte voluntaria.


A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:
abauobrigatoriaO alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse de forma voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.


abauvoluntaria

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

As probas:

- O alumnado realizará os exercicios da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade nos lugares que determine a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).
 

- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas.
 

- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
 

- Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes, entre as cales os e as estudantes deberán elixir unha.
 

- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
 

- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Establecerase un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos. 

- A avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de tres días.
 

- Preferentemente, as probas contextualizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
 

- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:

1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
 

2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
 

3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.

Datas:
No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):

  • - Xuño: mércores 12, xoves 13 e venres 14
  • - Xullo: mércores 10, xoves 11 e venres 12
Ponderación de materias: http://ciug.gal/PDF/pond19.pdf
Exames (cursos pasados): http://ciug.gal/exames.php
Máis información:  http://ciug.gal/index.html

luns, 4 de febreiro de 2019

ACTIVIDADES FEBREIRO


ACTIVIDADES MES DE FEBREIRO
Día
Organiza
Actividade e lugar
Dirixido a
Horario
Luns 11
BIBLIOTECA
 (Semana da Poesía)
Taller de Haikus
Biblioteca
1º B ESO
1ºA-ESO
2ºA-ESO
9:20-10:10
10:30-11:20
11:20-12:10
Luns 11
Departamento  ADMINISTRATIVO
Visita ao Xulgado do Social. Ferrol
 2º CM xestión
 2º CS. Aministra.
Saida as 9:10, toda a maña.
Martes 12
ORIENTACIÓN
Visita a Campus Santiago
(1º e 2º BAC)
Toda mañá
Mércores 13
BIBLIOTECA
 (Semana da Poesía)
Taller de Haikus
Biblioteca
2º B ESO
11:20-12:10
Mércores 13
TECNOLOXÍA/FÍSICA E QUÍMICA
Visita ao Muncyt- Coruña
(4º ESO
e 1º e 2ºBAC).
Toda a mañá
Xoves 14
DEPARTAMENTOS LINGUAS (Semana da Poesía)
Recitado Poemas de amor e desamor nas aulas por parte de grupos de alumnos/as.
Toda a mañá.
Luns 18
ADMINISTRATIVO
Charlas sobre
 
Procura de emprego
 Salón de actos
2º CS ADM
2ºCMXestión e 2º FPB. Elec.
10:30-12:10
12:30-14:10
Mércores 20
ORIENTACIÓN
Charla Programa KTORCE-18
SALON DE ACTOS

10:30-12:10.
Xoves 21
DEPARTAMENTO LINGUA CASTELÁ
Teatro Ágora- Coruña
(El Buscon)
3º ESO
1º BAC
9:20- 14:10
Venres 22
DPTOS. XEO e HISTORIA e
Cultura  CLÁSICA
Visita á Vila romana de Cladoval- Mugardos
3º ESO
10:00 – 12:30
Xoves 28
VICEDIRECCIÓN e CONCELLO
Taller de regueifas
Salón de actos
1º ESO
2º ESO
8:30: 10:10
10:30- 12:10