mércores, 19 de xuño de 2019

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS FP 2019-20


A Consellería de educación ven de publicar o calendario e instruccións para a admisión a ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2019-20.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a aplicación informática xera un impreso de solicitude. O formulario está en http://www.edu.xunta.es/fp/admision-2019-servizos-en-lina

Tedes toda a información na páxina informacion xeral de admisión

sábado, 8 de xuño de 2019

CONTACONTOS EN INGLÉS NO CEIP DE PIÑEIROS

The Three Billy-Goats
Luis e María- Amelia wants a dog

Cris a nosa tradutora ao galego

The Little White Rabbit

The Little White Rabbit
The Little White Rabbit

The Little White Rabbit
The Three Billy-Goats




Este martes, día 4 de xuño un grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato do IES Terra de Trasancos  acudiron ao CEIP Piñeiros, xunto coa  profesora de Inglés, Beatriz Fernández a escenificar e contarlles un conto en inglés ao alumnado máis cativo. A actividade  desenvolveuse na biblioteca do CEIP.

Así nolo conta Beatriz:

A representación organizouse en tres sesións dirixidas ao alumnado de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil do colexio. Contamos tres contos: The Three Billy-Goats (Chibos Chibóns), The Little White Rabbit (O Coelliño Branco) e Amelia wants a dog (Amelia quere un can).
 
Luis Bello, Andrea Bustabad, Cristina Freire, Yaiza Gutiérrez, Antón Queipo, María Saavedra e Sara Santiago, de 1º Bacharelato estiveron ensaiando conmigo ao longo do curso en recreos e, nas últimas semanas, en dúas tardes, a última delas o luns 3 de xuño no cole. É de agradecerlles todo este traballo que compaxinan cos seus  estudos cara aos exames nos que se ven inmersos durante este fin de curso.
 
Os alumnos e alumnas ensaiaron os contacontos fóra do seu horario lectivo xunto comigo  pese a que non lles dou clase este ano. Fixérono realmente ben, aínda que era a súa primeira vez, e estou  moi orgullosa deles. 
 
Dedicamos tanto profesorado como  alumnado parte do noso tempo libre, pero paga a pena ver a reacción e como atenden e se divirten  os nenos e nenas  de Infantil de Piñeiros que quedaron encantados.
 
 Tal foi o noso éxito que temos en mente continuar a nosa xira.