xoves, 24 de outubro de 2019

venres, 11 de outubro de 2019

11 DE OUTUBRO "DÍA DE SAÍR DO ARMARIO" EN TRASANCOS





Hoxe celebramos o "Día de saír do armario" coma mostra de que queremos un centro educativo diverso e seguro onde cadaquén poda ser o que queira ser. Retratámonos no noso photocall para facernos visibles como membros LGTBIQ+ ou como aliados e aliadas.

Pinchando aquí tedes unha mostra: FOTOS 11 OUTUBRO 2019. DÍA DE SAÍR DO ARMARIO

Aquí podedes ver o que se fixo noutros institutos de Galicia coma o Castro Alobre de Vilagarcía : https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/10/12/rompamos-os-armarios/0003_201910G12P24992.htm

luns, 9 de setembro de 2019

MATRICULA EN FP BÁSICA

DATAS MATRÍCULA FPBASICA

Matrícula para FPBásica de Comercio e Electricidade:

-Recollida das solicitudes ata o día 12 ás 13:00 horas.Os alumnos que van para segundo tamén deberán solicitado ata ese día. 

-Día 13, venres, publicación da listaxe de admtidos e non admitidos.

-O alumnado admitido deberá formalizar matrícula entre o día 13 e o 20 de setembro.

-O alumnado non admitido pode presentar reclamación no centro os días 16 e 17.

martes, 9 de xullo de 2019

DESPEDIMONOS DO CURSO 2018-19





Cos seus libros, seus apuntes, libro diario, programacións
corre a clase, fai as gardas e non esquezas as reunións.
titorías, pasa lista, fai das clases diversión
profesorado de Trasancos traballa sen compaixón.

Manolo gaña un premio, o acompaña Orientación.
O alumnado da  ESO xunto con Olga e Antia
gañan a olimpiada de  inxeñeria
e a Granada van  en competición.

Visitanos Reimóndez e se monta a revolucíón,
tamén temos a visita da alcaldesa do concello de Narón
Ao mercadillo solidario veu Natalia concelleira de formación,
a todas agradecemos  o tempo adicado na nosa atención

De Erasmus en Amsterdan temos alumnado de Administración,
mentras o Coro Solidario deleita coa súa actuación
Grazas Graciela e Olga pola vosa dedicación

Un magosto nos axuda a remontar a primeira avaliación.
En Nadal tivemos festa, mercadillo comercio xusto e cooperación.
Gabamonos das nosas portas engalanadas para a conmemoración,
4º da ESO co belén sorprendenos coa súa representación.

Antroido chega e facemos festa,
profes e alumnado difrazámonos esperando galardón
...que acapara  Queen como gran revelación.

Do 8 de marzo facemos reinvindicación,
comprometidas na igualdade, somos a metade e imos de manifestación.
En xuño celebramos o Orgullo presumindo da diversidade
en defensa do colectivo LGTBI  facemos unha exposición.

Chega a semana verde que vai pola 25 edición,
celebramos o  concurso Ignacio López de presentacións,
Conchi e Bea manteñen viva esta tradición.

No mercadillo de libros solidario con COMETA,
Mila e o seu alumnado de comercio levan o peso da venta.
Encantados coa visita de  Sabela a cadela que agarda un fogar
Ven quixeramos que todos os amimaliños, COMETA  poidera coidar.

O 17 de maio é o noso Día das Letras.
¿Como o celebramos?
Organiza Carmen e  encarganos  facer camisetas!

Remata o curso sin esquecer todos os proxectos que tivemos que atender
Proxecto TEI,  Terra, Correspondentes, emprendedores
En todos eles temos a oportunidade de colaborar e aprender

Dende a bilioteca e con ilusión,
as cidades invisibles chaman a nosa atención
Pompeia, Tombuctu, Prypyat alimentan nosos sonos e pesadelos

Fornecen clubes de lectura de clásicas de adultas, inglés
e o preferido pola rapazada: os mangantes club de manga de moito interés
Grazas, María, Lola, María Xosé, Bea, Patricia, Chus e Mercedes
O amor aos libros sempre ten recompensa, ocupa saber e lecer.

Todas as viaxes que o noso alumnado emprende
con curiosidade polo mundo adiante.
De Inglaterra  a Portugal, coñecendo Galicia
Outras xentes, outras culturas, prezada experiencia
Que o alumnado disfruta da man do profesorado.

Rematamos o curso cun gran festival
donde o talento se mostra de xeito tan natural,
recoñecemos os méritos, o noso alumnado é o noso capital

Chega a despedida, algunhas vanse, outros tamén se van,
profesorado que deixa gran pegada en todos,
alumnado que con ilusión afronta un novo camiño,
saídes soiños a voar fora do niño.
Non nos esquezades, por sempre quedaredes con nos.

Tras un curso de traballo
de alegrías e emocións
¿Que queremos en Trasancos?
Voto a Brios! VACACIÓNS!



mércores, 19 de xuño de 2019

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS FP 2019-20


A Consellería de educación ven de publicar o calendario e instruccións para a admisión a ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2019-20.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a aplicación informática xera un impreso de solicitude. O formulario está en http://www.edu.xunta.es/fp/admision-2019-servizos-en-lina

Tedes toda a información na páxina informacion xeral de admisión

sábado, 8 de xuño de 2019

CONTACONTOS EN INGLÉS NO CEIP DE PIÑEIROS

The Three Billy-Goats
Luis e María- Amelia wants a dog

Cris a nosa tradutora ao galego

The Little White Rabbit

The Little White Rabbit
The Little White Rabbit

The Little White Rabbit
The Three Billy-Goats




Este martes, día 4 de xuño un grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato do IES Terra de Trasancos  acudiron ao CEIP Piñeiros, xunto coa  profesora de Inglés, Beatriz Fernández a escenificar e contarlles un conto en inglés ao alumnado máis cativo. A actividade  desenvolveuse na biblioteca do CEIP.

Así nolo conta Beatriz:

A representación organizouse en tres sesións dirixidas ao alumnado de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil do colexio. Contamos tres contos: The Three Billy-Goats (Chibos Chibóns), The Little White Rabbit (O Coelliño Branco) e Amelia wants a dog (Amelia quere un can).
 
Luis Bello, Andrea Bustabad, Cristina Freire, Yaiza Gutiérrez, Antón Queipo, María Saavedra e Sara Santiago, de 1º Bacharelato estiveron ensaiando conmigo ao longo do curso en recreos e, nas últimas semanas, en dúas tardes, a última delas o luns 3 de xuño no cole. É de agradecerlles todo este traballo que compaxinan cos seus  estudos cara aos exames nos que se ven inmersos durante este fin de curso.
 
Os alumnos e alumnas ensaiaron os contacontos fóra do seu horario lectivo xunto comigo  pese a que non lles dou clase este ano. Fixérono realmente ben, aínda que era a súa primeira vez, e estou  moi orgullosa deles. 
 
Dedicamos tanto profesorado como  alumnado parte do noso tempo libre, pero paga a pena ver a reacción e como atenden e se divirten  os nenos e nenas  de Infantil de Piñeiros que quedaron encantados.
 
 Tal foi o noso éxito que temos en mente continuar a nosa xira.

sábado, 25 de maio de 2019

Dia das letras galegas no IES. Actividades

Celebramos o día das Letras Galegas con varias actividades entre as que destacamos un concurso de diseño de camisetas cun lema  que fai referencia a comenmoración do día e o coñecemento de xogos tradicionais. O alumnado probou a xogar a estes xogos que eran o pasatempo dos nosos maiores (e non tan maiores).







martes, 21 de maio de 2019

APLICACIÓN WEB SOBRE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA






Dende o IES Chan do Monte de Marín, facilítannos esta aplicación web creada polo alumnado de 2º de Bacharelato na materia de TICS. Nela podemos atopar dun modo intutitivo, información sobre:
  1. Táboas de ponderación de materias e graos
  2. Listado de titulacións ofertadas en Galicia, con notas de corte, vacantes e con posibilidade de filtrar e ordenar por diversos criterios.
  3. Ligazóns ás páxinas de cada universidade


domingo, 12 de maio de 2019

1º Premio na II Olimpiada de Inxeñaria

O alumnado do IES Terra de Trasancos de Narón ven de gañar a fase galega da II Olimpíada de Enxeñaría  que se celebrou na  Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

O equipo formado por Alvaro Gómez, Sergio Beceiro, Andrea Ruiz, Pablo Filgueira,Rosalía Baptista e a profesora Olga Martínez conseguiron hoxe o primeiro premio autonómico da Olimpiada de Enxeñeiros, e representará a Galicia nala final nacional que se celebrará en Granada o 31 de maio

O IES Terra de Trasancos foio único da comarca que participou no certame, que está dirigido a estudantes de 1º e 2º de ESO co obxectivo es dar a coñecer a Enxeñaría  fomentar a aproximación do alumnado de ESO á universidade.

Cada un dos centros que participan propon un equipo de cinco estudiantes que teñen que resolver unha serie de probas de diseño e creatividade basadas en problemas de enxeñaría nun tempo limitado.

















COMETA asociación animalista visita o IES