Alumnas/os e
profesoras/es do IES Terra de Trasancos participaron no encontro de Centros de
Ensino que organizou a AECID dentro do
programa europeo “ O Noso Mundo, a nosa dignidade o noso
futuro” e que desenvolveuse en Guadarrama , o
obxectivo do encontro foi o traballo en equipo entre diferentes
Institutos do Estado para facer unha posta en común deste programa escolar organizado con diferentes talleres, teatro
forum , cine, xogos e programas de “Medio ambiente” “Artes Plásticas” “Xénero” e
“ Consumo Responsable” para impulsar a participación , o pensamento crítico e
fomentar un interese activo dos
rapaces/as participantes .
Os temas desenvoltos
no Encontro de Guadarrama e que
seguiremos traballando durante o presente curso escolar son: Educación universal . Avaliación da discriminación e desigualdade de xénero.
Dereito a saúde . Os conflitos bélicos, a violencia e a paz . O
desenvolvemento sostible e a desigualdade económica . O futuro
da xuventude . A axuda humanitaria. As migracións ( bélicas, climáticas e
económicas ); seguridade alimentaria . Dereitos
humanos e por último coñecer
os novos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio
Estas actividades estiveron acompañadas pola representación
teatral a cargo de Escena Studio. E os
obradoiros da Fundación “Tus Ojos” que estivo traballando co alumnado participante en “ Cóntanos a tua historia” ultimando os curtametraxes
realizados co alumnado dos diferentes centros escolares .
Ningún comentario:
Publicar un comentario