Semana verde adicada as legumes |
XXII SEMANA VERDE 4-8 ABRIL 20016
IES Terra de
Trasancos. Narón
Estes días estamos a celebrar a XXII
edición da Semana Verde. Farémolo dende o luns día 4 ata o venres día 8 de
abril do 2016.
As actividades xirarán arredor
dun tema principal: “OS LEGUMES”.
Teremos como obxectivo aprender a
valorar o que a natureza nos ofrece e facer o mellor uso posible dos recursos
naturais.
Iniciaremos a semana coa exposición
dos “Collage con legumes” feitos polos alumnos de 1ª de ESO, seguiremos co
Obradoiro “Experimentos con legumes” que prepararon alumnos de 4º de ESO e que
mostrarán a outros compañeiros de 3º e 2º e haberá tamén Obradoiros nos que os
rapaces de 1º de ESO traballarán para
acadar a “Xerminación de Legumes”.
Ao longo da semana encheremos unha
árbore de refráns, proxectaremos presentacións PowerPoint do concurso Ignacio
López Bueno (atentos, que se fallará o mércores 6), publicaremos os resultados
da enquisa “International year of pulses”, coñeceremos o “Estudo comparativo do
valor nutricional dos legumes”, descubriremos o “Valor das legumes no ciclo do
nitróxeno”, disfrutaremos coas ilustracións de contos onde os protagonistas son
legumes, daremos a coñecer a “Guia roja verde dos Transxénicos”. Todo isto,
feito por pequenos e grandes, poderemos velo no vestíbulo do noso insti, onde
tamén podemos observar como medran os legumes
nun invernadoiro feito polos rapaces de 2º FPB Electrónica e escoitar as súas
explicacións. Ata teremos legumes nun obradoiro de robótica!
E para rematar a semana plantaremos
unha árbore e coidaremos do noso entorno, complementando esta actividade cun
recital de poesía e música que, se o tempo nos acompaña, faremos no noso
xardín.
Recordade que o venres 8 as 12,10
horas entregaremos os premios do Concurso de presentacións informáticas “Ignacio
López Bueno”.
O programa máis detallado estará na
web www.trasancos.net e nos taboleiros
do centro.
Agardamos que todos, alumnos e profesores, participedes e gocedes, destas
xornadas que alterarán dalgunha maneira o noso ritmo pero que seguen a ter como
finalidade a nosa continua aprendizaxe.
Damos as grazas por anticipado a
todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario