traballamos sobre o ano internacional das legumes |
gráficos resultado das enquisas realizadas a alumnado do Centro polo curso 4ºESO na asignatura de inglés en colaboración con tecnolOxía |
A enquisa da Semana Verde do IES Terra de Trasancos este ano
estivo dedicada ao 2016, Ano Internacional dos Legumes (2016, International
Year of Pulses).
O cuestionario adxunto foi elaborado polas profesoras Conchi
García (D. F. e Q.) e Beatriz Fernández (D. Inglés), recollendo achegas tamén
dos Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía.
Unha vez elaborado, Beatriz F. pasouno nas clases de 4º ESO
A e B, grupos destinatarios deste proxecto. Con estes alumnos preparou a
segunda parte da actividade: realizar un estudo, a partir desta enquisa, entre
o alumnado do IES Terra de Trasancos. En
grupos de tres-catro alumnos tiñan que ir a 1-2 clases, presentarse, distribuír
o cuestionario, explicalo, todo isto en inglés,asegurándose do seu correcto
enchemento por parte do alumnado. Finalmente, unha vez recolleitos, tiñan que
volver á aula e realizar o baleirado en fichas específicas elaboradas, para
este cuestionario, por Teresa Rego (D. Tecnoloxía).
A continuación, e xa nas clases de Tecnoloxía e Informática,
coa súa profesora Juana Polo (D. Tecnoloxía), tiñan que cargar os datos en
Excel. As profesoras do Departamento de Tecnoloxía, Teresa e Juana,
encargáronse de supervisar e realizar os gráficos que logo se expoñerían na
Semana Verde. Ao mesmo tempo, realizaban os informes, en inglés, de resultados
dos grupos que lles asignaba a súa profesora de Inglés, Beatriz Fernández
Mourente.
Por último, as profesoras Teresa Rego e Beatriz Fernández
maquetaron e imprimiron os gráficos e informes, así como fichas informativas en
inglés, para a exposición. A profesora de Plástica, Beatriz Lamigueiro,
encargouse da distribución de todo o material nos paneis situados no vestíbulo
do Instituto, xunto aos restantes paneis da Semana Verde.
Esta actividade, xa no seu terceiro ano, foi, como ata
agora, unha experiencia interesante e produtiva para traballar o tema ao que se
lle dedicou a Semana Verde, os Legumes.
Departamentos implicados: Inglés, Física e Química,
Tecnoloxía e Debuxo
Ningún comentario:
Publicar un comentario