VIAXE A LUGO
Museo Provincial |
Por Juanma Roca
Fernández (3º ESO)
O pasado día 3
de maio, os alumnos de 3º ESO do IES Terra de Trasancos, vivimos unha
experiencia, para a maioría, inolvidable. Foi un día de aventuras baixo o sol,
nun sitio tan bonito e histórico como Lugo.
Era ben cedo
cando o bus nos recolleu pola mañá. Aínda ía frío e resultou agradable
encontrarse nun novo e cálido vehículo.
Despois da
viaxe, chegamos ao noso primeiro destino do día: o Museo Provincial de Lugo.
Alí tivemos unha
divertida competición entre catro equipos. Esta consistiu basicamente en
demostrar que tiñamos lido o libro Contos no museo e que éramos áxiles
buscando pistas por alí, enchendo cada equipo o seu formulario. Houbo un empate
de acertos, pero o tempo desbloqueou todo. Ademais, puidemos contemplar obras
mestras relacionadas co mundo castrexo e outros moitos temas.
Tras isto,
visitamos a Catedral. Tivemos a oportunidade de observar unhas estructuras
impresionantes e preciosas figuras relixiosas.
Xa vistos o
Museo e a Catedral, quedábanos un dos lugares que ten unha gran importancia na
cidade. Esa construción que vai máis alá da simple enxeñería e que marca
territorio.
Si, é o que
pensas, o noso destino era a muralla romana de Lugo: unha antiga construción e,
á vez fundamental, na cultura e o turismo lucenses. Demos unha longa caminata (
en concreto de 2.266 m ), pero sen dúbida o esforzo valeu a pena.
Era xa a hora de
xantar e tivemos algo máis de hora e media pra ir a un restaurante ou tomar o
noso bocadillo. Tamén houbo tempo para disfrutar da magnífica “Praza Maior” e
pasear un pouquiño co xeado na man.
A nosa última
parada foi o Castro de Viladonga. Antes de velo, estivemos nun pequeno museo no
que disfrutamos dun interesante documental e observamos todo tipo de obxectos.
Despois chegamos
ao castro. Os cúmulos de pedra formando liñas curvas revelaban unha importante
parte da historia da nosa terra.
Finalmente, o
bus veu por nós, e así, levándonos de volta, deu fin a unha das mellores
excursións que polo menos eu tiven na vida e, sobre todo, unha das máis produtivas e divertidas.
Un pracer ter
ido.
Saúdos
Porta daCatedral |
Catedral de Lugo |
Praza Central de Lugo |
As Murallas Patrimonio da Humanidade |
Cultura Castrexa
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario