O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz para poñer de manifesto o papel fundamental que desempeñan a luz e as súas tecnoloxías en todas as actividades humanas. Obxectivos desta declaración son:
- destacar a continuidade dos descubrimentos científicos en diferentes contextos,
- facendo especial fincapé no empoderamento das mulleres no ámbito científico
- e a promoción da ensinanza das ciencias entre a xente nova,
- especialmente nos países en desenvolvemento
- fomentando vocacións cientificas no ámbeto da luz e as súas aplicacións…
As doce mulleres que aparecen nos paneis de Investigadoras en la Luz y las Tecnologías de la Luz son:
Madame de Châtelet, Martha Coston, Henrietta Swan Leavitt, Hedwig Kohn, Maria Goeppert Mayer, Martha Jane Berghin Thomas |
Marie Luise Spaeth, Katharine Burr Blodgett, Yvette Cauchois, Rosalind Franklin, Jean Macpherson Bennett, Jocelyn Bell Burnell |
- Madame de Châtelet (1706-1749) traduxo os Principia Mathematica, conseguindo que as teorías de Newton entraran no continente europeo;
- Martha Coston (1826-1904), que diseñou e fabricou un sistema de comunicación basado en bengalas luminosas para os barcos, contribuindo ao salvamento de moitas vidas;
- Henrietta Swan Leavitt (1868-1921), descubriú o camiño para coñecer o tamaño de nuestra galaxia e a escala do universo;
- Hedwig Kohn (1887-1964), realizou un minucioso traballo en espectrometría e pirometría, considerados hoxendía como estándares de iluminación;
- Maria Goeppert Mayer (1906-1972), deu nome á unidade de sección de absorción dos fotones;
- Martha Jane Berghin Thomas (1926-2006) mellorou as fontes de iluminación, sobre todo os tubos fluorescentes;
- Marie Luise Spaeth (1938-), inventou o láser sintonizable de colorante e desenvolveu os telémetros láser;
- Katharine Burr Blodgett (1898-1979), inventou os cristais antirreflexantes;
- Yvette Cauchois (1908-1999), creou un espectrógrafo de raios X que permitiu descubrir novos elementos do sistema periódico;
- Rosalind Franklin (1920-1958), que obtuvo a famosa Fotografía 51 (mediante difracción de raios X) que probou experimentalmente a estructura helicoidal do ADN;
- Jean Macpherson Bennett (1930-2008), que foi a primeira muller en ocupar a presidencia da Optical Society of America (1986);
- Jocelyn Bell Burnell (1943-), que descubriú os púlsares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario