|
Alumnado do ciclo medio de xestión administrativa curso 2014-16 |
Por que facer o Ciclo Medio de Xestión Administrativa?
- Consigues un título profesional que acredita que sabes realizar as tarefas do teu posto de traballo.
- Dota dunha cualificación profesional posibilitando unha saída ao mundo laboral.
- Demostra que posees as competencias para desempeñar a túa profesión.
- A aprendizaxe está basado na práctica e estas sempre acompañado no proceso de aprendizaxe.
- A Formación no Centro de Traballo inserta ao alumnado nas empresas.
- Permite continuar estudos na túa profesión ou noutra mediante o acceso a Ciclos Superiores de F.P. ou Bacharelato.
Porque estudar F.P. no IES Terra de Trasancos?
- O Instituto está en contacto coas empresas para realizar a Formacion no Centro de Traballo e asignar a persona adecuada á empresa.
- Estamos cerca de tí nun concello en expasión e coñecemos o tecido empresarial e industrial da zona
- Estamos ao rente do Polígono industrial máis importante de Ferrolterra e en contacto coas empresas.
- Somos un IES pequeno pero forte e temos dedicación persoalizada co alumnado.
- Integración de todo o alumnado atendendo as súas necesidades específicas de aprendizaxe.
- Temos vocación de ensino e un claustro cohesionado e aberto a inovación educativa.
- Aprendemos cada curso do noso alumnado.
Como matricularte no Ciclo medio de Xestión Administrativa.
- Por medio da páxina da Xunta de Galicia. Tes toda a información neste enlace
- Imprime a solicitude
- Presentaa no IES Terra de Trasancos
Ou ben, no Centro por medio dos equipos informáticos destinados a elo
Prazo para entregar a solicitude: 8 de Setembro
Ningún comentario:
Publicar un comentario