Arrancamos un novo proxecto Correspondentes xuvenís 3.0
Detectada a necesidade de divulgar información dirixida a xóvenes a Dirección Xeral de Xuventude lanza o programa Correspondentes Xuvenís 3.0.Cales serán as funcións dos correspondentes?
- Difundir no Centro educativo a información que nos envien tanto dende a Dirección Xeral da Xuventude como da OMIX do Concello e dende os concellos limitrofes dos que o noso alumnado procede (Neda, Ferrol, San Sadurniño, Valdoviño, Pontedeume).
- Informar de actividades, concursos, proxectos que se fagan no IES e que pensedes que poden ser interesante para o alumnado e para outras persoas.
Como se difunde a información?
- Seleccionando a información relevante e e difundindo a través do taboleiro de anuncios do centro,situado ao lado da secretaria, donde tamén se instalará unha mesa de atención e información persoal.
- Reenviando a información a través das redes sociais : Instagram, twiter, facebook, whatsapp, blog
- Establecendo contacto e buscando información relevante nas páxinas e redes dos concellos
Que recibimos a cambio?
- O carné xove e ao final do programa un certificado de Voluntariado no que se xustifica o traballo desenvolvido durante todo o curso.
- Podemos solicitar da Dirección Xeral de Xuventude o carné ISIC e o carné Alberguista para as vosas viaxes.
- Participar nun encontro de Correspondentes para mozos e mozas de toda Galicia ao final do curso durante unha fin de semana no albergue xuvenil de Gandarío con actividades acuáticas.
Como atoparnos nas redes sociais?
https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/https://www.facebook.com/Correspondentes-IES-Terra-de-Trasancos-450230348708280/
E en breve: En Instagram e Twitter
Ningún comentario:
Publicar un comentario