Regulamento de participación
Suspéndense ás clases as 12:10, ata esa hora hai clase normal.- Os alumnos participantes no Concurso deberán anotarse en conserxería, Deberá participar no mesmo polo menos máis da metade da clase para suspender as clases
- No caso das comparsas as letras das cancións satíricas serán en Lingua Galega
- A intención deste festival será unicamente darlle unha boa entrada ao entroido, polo que non se poderá saír do centro nin facer celebracións que poidan poñer en dúbida a responsabilidade deste.
- O festival dará comezo ás 12:10h, e ata esta hora ninguén se poderá disfrazar xa que as clases serán totalmente normais.
- Non se poderá subir á 1ª e 2ª planta.
- Tódolos alumnos deberán identificarse se algún profesor o require.
- Non se poderán usar petardos nin productos molestos ou perigosos ou dañinos para a saúde
Horario de festexos
12:10h Toca o timbre para cambiarse
12:30h Todos os alumnos baixarán a Usos Múltiples para o concurso: disfraces individuais, colectivos e as comparsas coas súas respectivas cancións.
13:00h Baile en Usos Múltiples amenizado por boa música (mentras o xurado toma a súa decisión, non se poderás sair do Salón de Actos).
13:45h Entrega de premios.
NOTA: non se pode vir disfrazado da casa. As caretas poñeranse unha vez dentro do recinto escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario