
Hoxe inauguramos a exposición conmemorativa dos 20 anos do Fondo Galego de Cooperación e Desenvolvemento. Moitas grazas á alcaldesa Marián Ferreiro e á concelleira Catalina García por acudir a compartir con nós este acto. Ao longo deste mes o alumnado de 2°ESO traballará contidos relacionados coa Educación para o Desenvolvemento.
"Hoxe a alcaldesa agradeceu ao noso instituto a colaboración nese proxecto. Ademáis fixeronnos fotos para o xornal e explicaronnos un traballo de solidariedade e cooperación moi interesante para coñecer métodos de ensinanza, construcción, reparación...en paises con baixo nivel de vida como en America Latina e paises lusófonos (nos que se fala portugues).
Rematamos cubrindo unha ficha na que contestamos a preguntas e de ahí aprendin os paises aos que axuda este proxecto, por quen está formado, e que máis de 97 concellos participan neste proxecto.
Viñeron ao Instituto a Alcaldesa, a representante do concello de Narón no proxecto e o fotográfo da Voz de Galicia"
E.F.P. Alumna de 2º de ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario