domingo, 9 de setembro de 2018

Axudas para material escolar do Concello de Narón


APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES
O Concello mantén aberto o período para solicitar estas axudas para o curso 2018-2019 entre os días 7 e 27 de setembro, ambos incluídos, tal e como informou a concelleira de Acción Social, Catalina García.

As becas de material, poderán solicitalas as familias empadronadas no municipio e con fillos escolarizados en segundo ciclo de educación escolar, primaria, secundaria, bachillerato e FP de ciclos medios, e centros de educación especial. 

As axuda van dirixidas ao  alumnado empadronado no municipio matriculado en centros públicos e concertados de Narón  para o curso 2018-2019. As axudas correspondentes ao material didáctico e escolar,  poden solicitalas aquelas familias empadroadas en Narón para alumnado escolarizado en educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de Ciclos Medios, Educación Secundaria de Adultos e centros de Educación Especial. 

As persoas que precisen recibir máis información poden facelo a través do Servizo Sociocomunitario do Concello –primeiro andar- e as instancias poden presentarse a través do Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- ou da Sede Electrónica, donde estarán a disposición da veciñanza.


Para máis información preme no enlace á páxina do Concello

Ningún comentario:

Publicar un comentario