O curso pasado comenzamos a colaboración no proxecto de Correspondentes xuvenís 3.0 promocionado pola Dirección Xeral de Xuventude no que participou con éxito alumnado e profesorado de Ciclo Medio e FPB e de 3º da ESO PMAR
·
Recibimos a visita da directora da Dirección
Xeral de Xuventude.
·
Creamos e mantivemos un blog e unha páxina de
Facebook e mantivemos un taboleiro informativo co obxecto de difundir a
información de interese para o noso alumnado.
·
Por mor desta información. enviamos a alumnas o
Ciclo Superior de viaxe a Italia e Xapón,
·
Participamos nos encontros de correspondentes
xuvenís en Gandarío.
A participación está aberta a alumnado e profesorado titor ou que imparta clases no grupo
Os obxectivos do progama de correspondentes 3.0 con respecto ao alumnado son
- Responsabilizarse de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
- Entender a importancia de acceder a información, seleccionando en orde a pertinencia e adecuación e contrastando as fontes.
- Desenvolvemento en comunicación oral e escrita e na presentación da información recollida.
- Dinamización da comunicación e fomento da participacion do alumnado en actividades, bolsas, concursos, formación, cooperacion dirixidas a xuventude
- Fomento do voluntariado xuvenil.
- Crear redes de comunicación e participación xuvenil coñecendo as oportunidades que ofrece tanto a Xunta por medio da Dirección de Xuventude como o Concello e concellos de procedencia do alumnado.
Para elo os correspondentes terán as seguintes funcións:
- Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp..
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
- Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta.
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
- Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné de estudante internacional (ISIC)e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
- Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
- Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
- Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher)
Ningún comentario:
Publicar un comentario