No ano 1993 a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas definía a violencia de xénero como «toda acción ou omisión baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada»
O 17 de decembro de 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Dende o ano 2003 ata outubro de 2018 rexistráronse 58 asasinatos machistas en Galicia e 966 no estado español. Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade e en tódolos ámbitos, especialmente no ámbito da educación.
O alumnado de 4º ESO elaborou este traballo para denunciar as mensaxes que transmiten moitas das cancións que escoitamos normalizadamente e os sentimentos que producen as agresións verbais, físicas e de control.
Isto non remata aquí, en breve teremos máis novidades no noso compromiso coa igualdade e en contra de toda violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario