martes, 26 de febreiro de 2019

LIGAZÓNS DE INTERESE PARA ORIENTACIÓN E ESTUDOS POSTERIORES


Cando temos que escoller que estudos imos empezar ou decidirnos por unha opción formativa, é importante ter toda a información. Hoxe en día contamos coa posibilidade de investigar en múltiples páxinas e recursos web. 

Deixámosvos aquí algúns dos máis importantes separados por temáticas:


1. ACCESO Á UNIVERSIDADE

Na páxina da CIUG pódese consultar toda a información relativa á ABAU (Avaliación de Bacharelato para acceso á universidade)

 ESTRUTURA ABAU

 SISTEMA DE CUALIFICACIÓN

 NOTAS DE CORTE DO CURSO PASADO


Tamén podedes revisar as diferentes titulacións do SUG (Sistema universitario galego) nas páxinas das universidades e ver as materias que se imparten en cada un dos Graos e Dobres Graos

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

GRAOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

GRAOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO


Se queres estudar fóra de Galicia podes consultar no Ministerio de Educación

CONSULTA DE TITULACIÓNS NO ESTADO ESPAÑOL


2. FORMACIÓN PROFESIONAL

Na páxina www.edu.xunta.es/fp está toda a información sobre acceso, probas e currículos dos ciclos formativos. Podes consultar que opcións existen na seguinte ligazón:

FOLLETOS INFORMATIVOS FORMACIÓN PROFESIONAL 


 3. ENSINANZAS ESPECIAIS

Existen unha serie de ensinanzas consideradas especiais porque se restrinxen a uns campos moi específicos. Para acceder á maioría delas é necesario superar unha proba específica relacionada co estudo en concreto. Dentro destas ensinanzas podemos sinalar:

ENSINANZAS DEPORTIVAS

ENSINANZAS DE ARTE DRAMÁTICA

ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO 

ENSINANZAS DE RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE BENS CULTURAIS 




Ningún comentario:

Publicar un comentario