sábado, 16 de marzo de 2019

Visitanos Marián Ferreiro alcaldesa de Narón


Con motivo da exposición dos traballos murais e audivisuais, realizados polo alumnado do centro reinvindicando a celebración do 8 de Marzo, hoxe tivemos a honra de recibir a visita de mulleres representantes do noso Concello. 
Recibimos a visita de Marían Ferreiro, alcaldesa e das concelleiras Mercedes Taibo e Teresa Sabio.
Recibeunas a nosa directora, Graciela Galdo e unha  representación do profesorado, entre elas Bea Lamigueiro e Jessica Polo, orientadora do Centro.
Todas estas mulleres, comprometidas coa igualdade representan o avance imparable do feminismo, da loita das mulleres para ocupar o lugar que nos corresponde no mundo, 
PORQUE SOMOS A METADE




Ningún comentario:

Publicar un comentario