Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
luns, 29 de maio de 2017
CHARLA DO SPEIS DE NARÓN SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS
C.M.XESTIÓN ADMINISTRATIVA IES TERRA DE TRASANCOS: CHARLA DO SPEIS DE NARÓN SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS
xoves, 18 de maio de 2017
luns, 15 de maio de 2017
venres, 12 de maio de 2017
O coro no ensaio do video con Guadi Galego
Mais de mil nenos e nenas cantan a coro con Guadi Galego na grabación dun video commemorativo das Letras Galegas.
luns, 1 de maio de 2017
despedida GLACKMA ferrol
Hoxe estivemos na emotiva despedida a Carlos, Karmenka e Adolfo na súa viaxe científica a Islandia para a medir o efecto do cambio climático no desxeo dos glaciares. Moita emoción despedir a estos arriscados expedicionarios, desexmosllse moita sorte no seu traballo e seguirémolo dende o noso IES e dende este blog.
venres, 28 de abril de 2017
TRASANCOS EN BERLÍN
Toca descansar por uns días pero non podíamos irnos sin lembrar aos nosos trasanqueses en Berlín. No IES pensamos que a mellor forma de aprender é viaxando, coñecemos culturas diferentes, estamos no centro da cultura europea, o motor económicoo e cultural desta vella Europa, aprendemos a compartir experiencias a axudarnos na viaxe, incluso a comer cousas diferentes pero deliciosas. Viaxar fomenta a curiosidade e a tolerancia axuda comprender outras formas de pensar e estar no mundo, fainos máis sabios e máis felices e son lembranzas que ninguen pode roubarnos, nin o tempo.
xoves, 27 de abril de 2017
GAÑADORES DO CONCURSO IGNACIO LÓPEZ BUENO
O xurado do certame Ignacio López Bueno 2017 determinou que os gañadores desta edición son os seguintes:
Categoría ESO: Luis Bello Rego e Ivan Montero Villanueva de 3º de ESO do IES Terra de Trasancos
Acordouse facer unha mención especial para o traballo presentado por Andrea Bustabad León de 3º de ESO do IES Terra de Trasancos
Categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos: O traballo gañador é o presentado por Andrea Miras Sixto e Raquel Pato Díaz de 1º de CM de Xestión Administrativa do IES Terra de Trasancos.
Parabens a todos
Para ver as presentacións orixinais en Pw podedes picar neste enlace, da carpeta de dropbox
ENCONTRO DE ESTUDIANTES DE MÚSICA DE SECUNDARIA
O Coro Solidarium e un grupo do Instituto participaron no Encontro de Estudiantes de Música de Secundaria de Galicia, con tal motivo pideme Graciela que faga unha reseña no blog.
O Noso Coro Solidario é unha mostra do talento do noso alumnado e do traballo e esforzo que fan xunto coas directoras Graciela o Olga que están volcadas nesta labor.
O Coro representanos a toda a Comunidade Educativa do IES na seriedade e compromiso co que todos os participantes se toman as súas tarefas, ensaios roubados ao tempo de ocio, tempo de traballo e tempo tamén de compañeirismo e de pracer de compartir a música e as vivencias.
As súas actuacións solidarias mostran que a xente nova sintese comprometida e perto das necesidades das persoas. O noso alumnado é solidario e responsable ante a sociedade da que forma parte, nas súas actuacións transmiten esta emoción que nos move a querer mellorar o mundo.
Prezadas voces que nos falan da esperanza, da liberdade de ser, do compromiso e gusto pola vida que sinten ao cantar e transmitennos a ledicia de sentir a música prendendo nos corazóns desta xente nova.
Recollo eiqui enlaces a videos das súas recentes actuacións
Encontro de música de estudantes de secundaria 2017
Encontro de musica de estudantes de secundaria 2017
Gospel e coro apoteosis final no Pazo
mércores, 26 de abril de 2017
XA TEMOS CÉLULA GAÑADORA
NO RECONTO DE VOTOS SAIRÓN GAÑADORAS
Noraboa a David, Diego, Mencía, Martín, daniel, Marta, Nuria.... e a todo o alumnado de 1º ESO participante que gañadores ou non demostraron saber facer un bo traballo!
Noraboa a David, Diego, Mencía, Martín, daniel, Marta, Nuria.... e a todo o alumnado de 1º ESO participante que gañadores ou non demostraron saber facer un bo traballo!
luns, 24 de abril de 2017
I CERTAME DE VIDEOS DE RAP GALEGO RAPGAL
A Equipa de Normalización e Dinamización Lingüistica do IES Terra de Trasancos convoca este
I certame de videos de rap en galego,
consultade as bases e a nova neste enlace.
Animadevos a participar pois sabemos que hai moito talento no IES
xoves, 20 de abril de 2017
SEMANA VERDE DO 24 AO 28 DE ABRIL
XXIII SEMANA VERDE, 24-28
de ABRIL 2017.
IES TERRA DE TRASANCOS.
Narón
Un ano máis estamos
a celebrar a Semana Verde, este ano traballaremos o tema do “turismo sustentable” e dicir, o turismo que
respecta tanto á poboación local e o viaxeiro, coma ao patrimonio cultural e ao
medio ambiente.
Aquí
tedes algunhas actividades que faremos durante esta semana.
- Entrega dos premios do X Concurso Ignacio López Bueno no Salón de Actos do centro o día 28 de abril do 2017 ás 12.10 h. Os premios serán publicados no taboleiro do centro e na páxina web www.trasancos.net.
- Disporemos da exposición “Reservas da Biosfera”, cedida polo CEIDA, no vestíbulo do 18 ao 28 de abril.
E
nas aulas durante esta semana traballaremos:
- O alumnado de 1º de ESO traballarán con Sol Iglesias sobre “Espazos protexidos en Galicia”, e realizarán uns mapas de Galicia con Verónica, Bea Lamigueiro e Ana Fernández para que ubiquen neles os espazos investigados.
- O alumnado de 2º de ESO elaborarán con Mº José Muiño un tríptico da ruta a pé “Do Terra de Trasancos ao mar”
- Os rapaces e rapazas de 3º de ESO participarán nun concurso de fotografía e texto literario “Locus amoenus” guiados polas profesoras de Lingua Castelá Chus Galego, e de plástica Bea Lamigueiro e Ana Fernández.
- No curso 4º ESO indagarán sobre “Rutas Literarias Sustentables” coa profesora de galego Carme Martínez.
martes, 18 de abril de 2017
EXPOSICIÓN RESERVA DA BIOSFERA CEIDA
CEIDA dentro das súas exposición itinerantes emprestounos estos paneis que forman a exposición sobre as Reservas da Biosfera producida en colaboración con Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”. Podedes vela no vestíbulo do IES dende hoxe ate o vindeiro 28 dentro das actividades da SEMANA VERDE.
As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultural, e o desenvolvemento sostible da súa poboación.
Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza (Gerês- Xurés).
As reservas son:
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivar e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza (Gerês- Xurés).
As reservas son:
- LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
- ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
- ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
- SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivar e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Para unha visita virtual a exposición pica neste enlace
luns, 17 de abril de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



