Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
xoves, 22 de decembro de 2016
mércores, 23 de novembro de 2016
O Coro Solidario participa no concerto de Nadal en Narón
O Coro Solidario participa no concerto de Nadal en Narón
O Coro Solidarium vai participar no concerto do día 22 de decembro no Pazo da Cultura de Narón. Infórmame Luciano que as entradas están xa á venda por se vos interesa vir a vernos.
Tamén me informa o Padroado que haberá descontos para pais e nais dos integrantes do Coro Solidarium.
Compartiremos escenario co coro góspel SOUTH CAROLINA GOSPEL CHORALE. Non volo perdades!!
martes, 8 de novembro de 2016
O Samaín no Instituto
O Samaín no Instituto
Chegadas as datas do Samain, no Instituto gustanos celebralo con moitas actividades nas que podemos participar toda a comunidade escolar. No vestíbulo do Centro temos expostas as cabazas que participaron no concurso de cabazas. Noraboa as gañadoras Estela e Mencía de 1º de ESO B e a todos os participantes polo alto nivel de creatividade acadado!
![]() |
Catrina, imaxe popular mexicana para celebrar o día de defuntos fixo unha visita ao noso Centro |
martes, 18 de outubro de 2016
CONCURSO DE CABAZAS
- Podedes participar todos os alumnos e
alumnas da ESO.
- Presentando unha cabaza tallada e/ou adornada
con todo tipo de materiais.
- A participación pode ser individual ou por
parellas.
- Para participar deberedes inscribirvos en
conserxería ata o luns 24 de outubro .
- O venres , 4 de novembro, ás 8:30, deixaredes
a vosa cabaza no vestíbulo xunto cun sobre pechado onde irá o voso/s nome/s e
grupo (os membros das parellas poden ser de distintos cursos) .
- De 11:20 a 12:30 poderedes baixar á exposición de cabazas todos os grupos nos
que haxa algún/s participante/s.
- Antes de subir ás clases, o xurado (formado
por tres membros do Equipo de Normalización), dará a coñecer o gañador ou gañadores do concurso.
-Premio: será sorpresa e non se poderá entregar
ese día, pero será orixinal, divertido,
útil…..,en fin, algo á túa medida e que dará mooooito que falar!!! O premio será exposto e entregado tamén no
vestíbulo a semana seguinte ao concurso.
SE NON QUERES
PERDER A FESTA, INSCRÍBETE XA E PARTICIPA!!!
Colaboran: Equipo de Normalización Lingüística e
Vicedirección .
mércores, 15 de xuño de 2016
xoves, 9 de xuño de 2016
A CURTAMETRAXE REALIZADA POR 1º DE BACHARELATO PREMIADA NO V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO,
A curta realizado polos alumnos de audiovisuales de 1º de Bachacrlato foi galardonada co premio do público no V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO
A entrega de premios farase o día 10 de xuño no Auditorio de Cangas. Se a alguén lle apetece ir que nos avise.
martes, 7 de xuño de 2016
XXV ANIVERSARIO IES TRASANCOS
![]() |
O día 11 sábado No Pazo Da Cultura de Narón celebramos unha gala a que vos invitamos. As entradas son de balde e podense coller ate catro.
Gustarianos celebralo con todas as persoas que forman parte da nosa Historia. Non o dúbides e ven con nos!
martes, 31 de maio de 2016
mércores, 18 de maio de 2016
Premiados no certamé Intercentros
O xoves día 19 de maio, un grupo de alumnas e alumnos van recoller premios na Clusura Intercentros. En concreto recollen os seguintes premios:
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 1º CICLO DA ESO: "DON CAPITÓN"
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 2º CICLO DA ESO.
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA CANCIÓN 2º CICLO DA ESO: "MEMORIA DA NOITE"
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "CARMIÑA, A NENA POSUÍDA"
ACCÉSIT AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "UN MALETÍN, UNS POLICÍAS E UN ASASINATO"
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS BACHARELATO: "COUSAS DE VELLOS"
Ademáis o Coro Solidarium realizará a Clausura este ano pois somos centro organizador.
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 1º CICLO DA ESO: "DON CAPITÓN"
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 2º CICLO DA ESO.
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA CANCIÓN 2º CICLO DA ESO: "MEMORIA DA NOITE"
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "CARMIÑA, A NENA POSUÍDA"
ACCÉSIT AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "UN MALETÍN, UNS POLICÍAS E UN ASASINATO"
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS BACHARELATO: "COUSAS DE VELLOS"
Ademáis o Coro Solidarium realizará a Clausura este ano pois somos centro organizador.
Aínda que non resultou finalista este corto é divertidisismo
Aínda que non resultou finalista este corto é divertidisismo
Somos finalistas no Concurso de curtas OLLOBOI con dúas curtas: "Cousas de vellos" na categoría Curta cómica dos alumnos de 1º de Bach de audiovisuais e "Un maletín, uns policías e un asasinato" na categoría Online, feita polos alumnos de 2º de ESO (EN XUÑO AS VEREMOS NO FESTIVAL pero se queredes velas antes só tedes que entrar en
olloboi finalistas.
A entrega de premios realizarase en Boiro o día 28 de maio.
Somos finalistas no Concurso de curtas OLLOBOI con dúas curtas: "Cousas de vellos" na categoría Curta cómica dos alumnos de 1º de Bach de audiovisuais e "Un maletín, uns policías e un asasinato" na categoría Online, feita polos alumnos de 2º de ESO (EN XUÑO AS VEREMOS NO FESTIVAL pero se queredes velas antes só tedes que entrar en
olloboi finalistas.
A entrega de premios realizarase en Boiro o día 28 de maio.
venres, 13 de maio de 2016
VIAXE A LUGO DE 3º ESO
VIAXE A LUGO
![]() |
Museo Provincial |
Por Juanma Roca
Fernández (3º ESO)
O pasado día 3
de maio, os alumnos de 3º ESO do IES Terra de Trasancos, vivimos unha
experiencia, para a maioría, inolvidable. Foi un día de aventuras baixo o sol,
nun sitio tan bonito e histórico como Lugo.
Era ben cedo
cando o bus nos recolleu pola mañá. Aínda ía frío e resultou agradable
encontrarse nun novo e cálido vehículo.
Despois da
viaxe, chegamos ao noso primeiro destino do día: o Museo Provincial de Lugo.
Alí tivemos unha
divertida competición entre catro equipos. Esta consistiu basicamente en
demostrar que tiñamos lido o libro Contos no museo e que éramos áxiles
buscando pistas por alí, enchendo cada equipo o seu formulario. Houbo un empate
de acertos, pero o tempo desbloqueou todo. Ademais, puidemos contemplar obras
mestras relacionadas co mundo castrexo e outros moitos temas.
Tras isto,
visitamos a Catedral. Tivemos a oportunidade de observar unhas estructuras
impresionantes e preciosas figuras relixiosas.
Xa vistos o
Museo e a Catedral, quedábanos un dos lugares que ten unha gran importancia na
cidade. Esa construción que vai máis alá da simple enxeñería e que marca
territorio.
Si, é o que
pensas, o noso destino era a muralla romana de Lugo: unha antiga construción e,
á vez fundamental, na cultura e o turismo lucenses. Demos unha longa caminata (
en concreto de 2.266 m ), pero sen dúbida o esforzo valeu a pena.
Era xa a hora de
xantar e tivemos algo máis de hora e media pra ir a un restaurante ou tomar o
noso bocadillo. Tamén houbo tempo para disfrutar da magnífica “Praza Maior” e
pasear un pouquiño co xeado na man.
A nosa última
parada foi o Castro de Viladonga. Antes de velo, estivemos nun pequeno museo no
que disfrutamos dun interesante documental e observamos todo tipo de obxectos.
Despois chegamos
ao castro. Os cúmulos de pedra formando liñas curvas revelaban unha importante
parte da historia da nosa terra.
Finalmente, o
bus veu por nós, e así, levándonos de volta, deu fin a unha das mellores
excursións que polo menos eu tiven na vida e, sobre todo, unha das máis produtivas e divertidas.
Un pracer ter
ido.
Saúdos
![]() |
Porta daCatedral |
![]() |
Catedral de Lugo |
![]() |
Praza Central de Lugo |
![]() |
As Murallas Patrimonio da Humanidade |
![]() | ||
Cultura Castrexa
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)