O Departamento de Tecnoloxía en colaboración
co Concello de Narón organizou o pasado xoves e venres, uns talleres de
programación con Scratch, coa finalidade de achegar a todos os nosos e as nosas
estudantes ao mundo da programación.
Participou
alumnado de todos os cursos da
ESO e de F.P. Básica Electricidade-Electrónica, en microtalleres de 30 minutos
impartidos por monitores de TechAcademy. Ao final do taller cada estudante programara un
sinxelo xogo ao que chamamos “O Tiburón Zampón”,
e no que un escualo tiña que comer peixes para sumar puntos e se tocaba algún
cangrexo restaba puntos.
As dixitais son consideradas competencias
imprescindibles no século XXI e dentro delas, a programación brindará numerosas
oportunidades de traballo en todos os sectores produtivos. Para facernos unha
idea da importancia do tema, o presidente Barak Obama puxo en marcha o programa
“Educar para Innovar”, destinando máis de 1.000millóns de dólares, para
aumentar o número de estudantado e
profesorado competente en STEM
(Scientix, Technology, Engineering yMathematics).
O Departamento de Tecnoloxía consciente desta
necesidade realiza múltiples actividades e proxectos para impulsar este tipo de
habilidades nos nosos alumnos e alumnas.
Para ver o ben que o pasamos aquí tedes fotos
dos microtalleres
|
2º ESO A |
|
2º ESO A |
|
3º ESO A |
|
3º ESO A |
|
3º ESO B |
|
3º ESO B |
|
4º ESO A |
|
4º ESO A |
|
4º ESO B |
|
4º ESO B |
Ningún comentario:
Publicar un comentario