O IES Terra de
Trasancos participou no Encontro Estatal de Docentes para o Desenvolvemento
“Creando Redes” como único integrante de
Ferrolterra da rede de centros
educativos galardoados co premio de Vicente Ferrer
Manolo, Sol e Graciela Creando Redes |
O encontro tiña como eixo central “As persoas no centro
da sociedade (sen deixar a ninguén atrás)”
Nel reflexionouse sobre a recen aprobada axenda 2030 que
xira en torno a cinco eixos centrais: planeta, persoas, prosperidade, paz e
alianzas e os 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados o
pasado setembro.
África tivo un espazo destacado neste encontro:
- África observada: opinión dunha periodista coautora do blog África no es un país e a visión da vida cotiá dun viaxeiro e fotógrafo de África.
- África vivencial: a visión dun camerunés e unha congoleña residentes en España
- África para educar: presentación de experiencias educativas para acercar o continente ao alumnado
Importante foi o intercambio de experiencias e recursos
con docentes doutros centros educativos do territorio nacional. Moi motivadoras
resultaron as experiencias aportadas por educadoras dun centro de menores en
Melilla, que compartiron as súas vivencias sobre a crise migratoria que se vive
nese territorio.
Ademais disto, desenvolvéronse
obradoiros de innovación educativa, intelixencia emocional e prevención de
violencia de xénero.
O obxectivo das
xornadas é aplicar á na nosa tarefa
docente as metodoloxías e coñecementos adquiridos como base para xerar unha cidadanía
responsable, comprometida e feliz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario