O pasado 12 de marzo celebrouse no Auditorio de Narón unha Gala solidaria co Pobo Saharaui dividido entre a dominación marroquí e o exilio na dura hamada arxelina dende os anos 70, nela participou o noso coro solidario, velaiqui o ensaio
https://www.facebook.com/daniel.riosnunez/videos/10208804536771343/
Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
luns, 20 de marzo de 2017
A MOCIDADE COA LINGUA
7 ABRIL (martes): Participación no certame “Mocidade coa lingua” con membros do Coro Solidarium. Participan dous grupos do IES..
OS ALUMNOS AO CERTAME DA MOCIDADE COA LINGUA FINALMENTE SAEN ÁS 8,30( Os que teñen exame con María José a primeira terano normalmente e iranse ás 9,20 cos seus pais).
PROFESORES ACOMPAÑANTES: Olga Vigo, Carmen Martínez e Graciela Galdo.

xoves, 16 de marzo de 2017
xoves, 9 de marzo de 2017
Benvidos de London

Estamos a espera de que compartan con nos neste blog a súas experiencias, polo que sabemos pasearon e deixaron a pegada de #trasancosmola no grandioso Reino Unido. Benvidos!
Mentras tanto desfrutade das fotos
eiqui tedes un enlace a video que mostra a profes e alumnado como autenticos trasanqueses-londinenses
mércores, 8 de marzo de 2017
Celebramos o 8 de Marzo no Instituto
Esté día estivo cheo de actividades e participación foi unha ledicia ser parte del, o alumnado e profesorado do noso Centro traballamos e vivimos todos os días na igualdade de xénero, e hoxe así o demostramos.
O vestíbulo do centro deunos a benvida cunha exposición sobre as científicas esquecidas, Investigadoras na luz e na tecnoloxía da luz, organizada polo Departamento de Física
No mesmo tema, mulleres esquecidas na ciencia arte e literatura, se enmarca o taboleiro producido polo Departamento de Educación Plastica
As 12 en solidaridade con #parodemulleres un grupo de profesoras e alumnas secundou o paro internacional ao que se sumaron solidariamente un nutrido grupo de alumnos e profesores.
As alumnas fixeron unha concentración con cartaces realizados por elas alusivos ao día a celebrar e ao feminismo como movimento ideolóxico e social a integrar nas aulas e na sociedade
As 12:30 e organizado pola equipa de normalización, Lucía Aldao e María Lado (Aldolado) fixeronnos a todas poetas por un día. Ofreceronnos unha escola de poesía e música un espectaculo de poesía e humor de risas e reflexión. Ate fumos todas poetas nun exercizo de creación conxunta da que velaíqui o resultado
De todas estas actividades da fe o seguinte video coas fotos do día:

E os seguintes enlaces a videos
martes, 7 de marzo de 2017
Investigadoras na luz e na tecnoloxía da luz
O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz para poñer de manifesto o papel fundamental que desempeñan a luz e as súas tecnoloxías en todas as actividades humanas. Obxectivos desta declaración son:
- destacar a continuidade dos descubrimentos científicos en diferentes contextos,
- facendo especial fincapé no empoderamento das mulleres no ámbito científico
- e a promoción da ensinanza das ciencias entre a xente nova,
- especialmente nos países en desenvolvemento
- fomentando vocacións cientificas no ámbeto da luz e as súas aplicacións…
As doce mulleres que aparecen nos paneis de Investigadoras en la Luz y las Tecnologías de la Luz son:
![]() |
Madame de Châtelet, Martha Coston, Henrietta Swan Leavitt, Hedwig Kohn, Maria Goeppert Mayer, Martha Jane Berghin Thomas |
![]() |
Marie Luise Spaeth, Katharine Burr Blodgett, Yvette Cauchois, Rosalind Franklin, Jean Macpherson Bennett, Jocelyn Bell Burnell |
- Madame de Châtelet (1706-1749) traduxo os Principia Mathematica, conseguindo que as teorías de Newton entraran no continente europeo;
- Martha Coston (1826-1904), que diseñou e fabricou un sistema de comunicación basado en bengalas luminosas para os barcos, contribuindo ao salvamento de moitas vidas;
- Henrietta Swan Leavitt (1868-1921), descubriú o camiño para coñecer o tamaño de nuestra galaxia e a escala do universo;
- Hedwig Kohn (1887-1964), realizou un minucioso traballo en espectrometría e pirometría, considerados hoxendía como estándares de iluminación;
- Maria Goeppert Mayer (1906-1972), deu nome á unidade de sección de absorción dos fotones;
- Martha Jane Berghin Thomas (1926-2006) mellorou as fontes de iluminación, sobre todo os tubos fluorescentes;
- Marie Luise Spaeth (1938-), inventou o láser sintonizable de colorante e desenvolveu os telémetros láser;
- Katharine Burr Blodgett (1898-1979), inventou os cristais antirreflexantes;
- Yvette Cauchois (1908-1999), creou un espectrógrafo de raios X que permitiu descubrir novos elementos do sistema periódico;
- Rosalind Franklin (1920-1958), que obtuvo a famosa Fotografía 51 (mediante difracción de raios X) que probou experimentalmente a estructura helicoidal do ADN;
- Jean Macpherson Bennett (1930-2008), que foi a primeira muller en ocupar a presidencia da Optical Society of America (1986);
- Jocelyn Bell Burnell (1943-), que descubriú os púlsares.
Podes descargar o arquivo en en formato pdf.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)