O Noso alumnado de 3º da ESO participa no proxecto TEI ou Titoría entre iguais Estas imaxes corresponden a xornada de formación dos titores e titoras de 3º da ESO.
O noso Centro participa no Programa TEI, un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa
- Oriéntado a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta
- Fomenta que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias
- Dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica)
Baséase na tutorización emocional entre iguais onde o respecto, a empatía e o compromiso son os alicerces básicos do seu desenvolvemento nos centros educativos: En secundaria: Os alumnos de 3º son titores emocionais dos de 1º
Os centros que aplican o programa están integrados na REDE DE CENTROS TEI TOLERANCIA CERO, comparten e desenvolven iniciativas, materiais e boas prácticas na prevención da violencia e o acoso escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario