xoves, 19 de outubro de 2017

Rally Matemático





RALLY MATEMÁTICAS E CIENCIAS 2018
O noso centro participa no o Rally sen Fronteiras 2018:
Destinado a alumnado de 4º da ESO (Física e Química, e Bioloxía- Xeoloxía) e alumnado de 1º, 2º, 3º.e 4º da ESO (Matemáticas)
Ø  Se che gustan as ciencias e as matemáticas
Ø  Se pensas que as matemáticas son para a vida e non só para alguns cerebrins
Ø  Se adoitas e queres traballar en equipo colaborando cos compañeiros e compañeiras
Ø  Si crees ter imaxinación e creatividade
Ø  Si queres participar nun concurso internacional e coñecer  alumnado de outros centros e  paises

Participa no Rally Matemático os xoves no primeiro recreos na aula de Debuxo

Os equipos gañadores terán a oportunidade de viaxar a final en Toulouse (Francia) e os  finalistas  agasallos

Exemplo: O restaurador
Un famoso restaurante recibe dun dos seus clientes fieis e amigos a seguinte mensaxe:
"Prever para mañá unha comida con menos de 100 invitados, poderás determinar o número de clientes sabendo que, cun invitado menos, poderías facer mesas completas de cinco persoas e, con dous invitados menos, poderías facer mesas completas de sete persoas. " O restaurador está irritado porque hai varias posibilidades para o número de invitados.
-Cales son esas posibilidades? Pista: So hai duas posibilidades
Afortunadamente, recibe un pouco máis tarde unha nova mensaxe: "Engado só un invitado máis polo que poderás preparar mesas completas de catro persoas."
-Cal é ao final o número de invitados?

Si crees saber a resposta deixanos un comentario coa solución

Ningún comentario:

Publicar un comentario