Información sobre o noso Instituto. Actividades, novidades e colaboracións.
sábado, 22 de decembro de 2018
venres, 21 de decembro de 2018
Nadal 2018. As outras portas.
1ºe 2ºPremio "Canto máis mellor, como me gusta a cor" para 2º ESO |
Accesit Iluminación e sonido "Cidade de Vigo" para 3º e 2º ESO |
1ºe2º premio "O Nadal esta chegando,eu o paso dibuxando"para 1º ESO |
1º e 2º Premio estilo "Naif que te criou" para 3º ESO A e 2º CM |
1º premio estilo reivindicativo con accesit "Se non reciclas, carbón" para 2º BAC. |
1º premio en linguas con accesit "Este Grinch me esta mirando e a burrito esta asustando" para 3º ESO B |
Premio especial do público para pastorcillo Xabi e alumnado de 4º da ESO pola súa posta en escea da obra "Montando o Belén" |
Nadal 2018. As portas gañadoras
martes, 27 de novembro de 2018
25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

No ano 1993 a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas definía a violencia de xénero como «toda acción ou omisión baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada»
O 17 de decembro de 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Dende o ano 2003 ata outubro de 2018 rexistráronse 58 asasinatos machistas en Galicia e 966 no estado español. Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade e en tódolos ámbitos, especialmente no ámbito da educación.
O alumnado de 4º ESO elaborou este traballo para denunciar as mensaxes que transmiten moitas das cancións que escoitamos normalizadamente e os sentimentos que producen as agresións verbais, físicas e de control.
Isto non remata aquí, en breve teremos máis novidades no noso compromiso coa igualdade e en contra de toda violencia de xénero.
luns, 26 de novembro de 2018
ELECCIÓNS RENOVACION DO CONSELLO ESCOLAR
Celebrase nos vindeiros días a elección e renovación do Consello
Escolar, polo que nos parece preciso informar a toda a comunidade
educativa dos días nos que teran lugar as votacións e procedementos.
Dada a importancia que ten o Consello no funcionamento do Centro animamosvos a participar, epecialmente a Nais e Pais do alumnado
Elección representantes do alumnado As votacións terán lugar os días
Todo o alumnado: 28 de novembro de 10:10 a 14:00. Na sala de titorías.
Alumnado que non poidera votar por que o día anterior participou en actividades extraescolares: 29 de novembro de 12:10 a 12:30
Eleccións de representantes de nais/pais
A votación será o día 28 de novembro de 16,30 a 19,30 na Sala de Titorías.
Elección de representantes do persoal docente e non docente:
Profesorado e persoal non docente 28 e 29 de novembro ás 12:10 a 12:30 . A razón é facilitar a todo o profesorado a emisión do seu voto (había algúns que tiñan saídas un ou outro día). Votaremos na Sala do profesorado.
Podedes consultar as listas das candidaturas no taboleiro xunto a Secretaría e na páxina web do IES

ACTIVIDADE SEMANA 26 A 30 DE NOVEMBRO
MÉRCORES 28
- Visita ao V Campionato Galego de Formación profesional Galicia Skills 2018. Silleda
Alumnado de FP (Electricidade , Electrónica e Comercio)
Toda a mañá
- Visita ao ARSENAL e MUSEO NAVAL
Alumnado de 4º ESO
9:20- 14:00 h.
XOVES 29
- Visita a SOTAVENTO
Alumnado de 2º ESO
Saída ás 9:15 h. Toda a mañá.
venres, 23 de novembro de 2018
MOSTRA TRABALLO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 4º ESO realizou estes murais donde se mostran fotos tomadas por elas e letras de cancións,que pretenden visibilizar a loita en contra da violencia de xénero e denunciar que moitas letras de cancións promoven esta violencia.
xoves, 22 de novembro de 2018
A MUSICA DA MENTE. ACTIVIDADE DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
![]() |
Xurxo Mariño, na conferencia que tivo lugar no Pazo de cultura de Narón. Foto Conchi García |
![]() |
Alumnado de diversos IES que asistiron a charla. Foto Conchi García |
O alumnado de 4º da ESO e Bacharelatos asistiu a conferencia de divulgación científica que baixo o título "A Musica da mente" impartiu Xurxo Mariño, biólogo e experto en neurofisioloxía, profesor da USC e recoñecido divulgador científico
Velaiquí duas fotos dos alumnos do IES Terra de Trasancos momentos antes de iniciar a Charla e unha foto durante a intervención do conferenciante
venres, 16 de novembro de 2018
OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA 1º ESO
![]() |
Autor: Marcos López Alonso |
A actividade de observación que permiteu aos participantes visualizar con gran nitidéz a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda inaugura esta nova actividade da SGHN que pretende achegar o Universo ao estudantado galego
xoves, 15 de novembro de 2018
A MÚSICA DA MENTE
O 20
novembro as 11:00 terá lugar no Pazo da cultura, de Narón a conferencia de Xurxo Mariño , Dr. en Bioloxía
e profesor UDC) que leva por título: “A música da mente”
Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de BAC e 4º ESO
Organizado por
- IES Terra de Trasancos.
- IES Telleiras.
- IES Cabo Ortegal.
Coa
colaboración do Concello de Narón
Resumo da actividade:
“Ten dúas partes. Na primeira fai unha introdución ao sistema nervioso e ao seu sentido evolutivo, e na segunda explica como é a actividade eléctrica das neuronas, utilizando rexistros feitos no noso laboratorio. Para apreciar mellor a actividade das neuronas, converte as descargas eléctricas en sons, de xeito que se pode "escoitar" como funciona o cerebro”.

mércores, 7 de novembro de 2018
mércores, 31 de outubro de 2018
FESTA DAS ÁNIMAS E MAGOSTO

Como está próxima a celebración dos Santos, Ánimas, Defuntos e demais espíritos do Alén pensamos en celebrar este feliz evento no Centro os venres, 2 e 9 de novembro.
TERROR NA BLIBLIOTECA.- Venres, 2 celebramos unha actividade na biblioteca na que participará alumnado de 1º ESO e 4º ESO.
ConsisitirÁ na lectura de poemas relacionados con estas festas.
GRAN MAGOSTO.- Venres, 9: Xornada máis lúdico-cultural destinada a toda a ESO, Bacharelato e FP Básica.
MAGOSTO e XOGOS POPULARES en horario de 12:30-14:10
xoves, 18 de outubro de 2018
PROGRAMA TEI
O programa TEI (Titoria Entre Iguais) é un programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa, orientdo a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan máis satisfactorias, previndo o acoso escolar

Basase na titorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos do se desenvolvemento nos centros educativos:
En secundaria: O alumnade de 3º son titores/as emocionais do alumnado de de 1º
Para saber máis sobre o programa TEI pica no enlace a páxina
![]() |
Alumnado participante no Programa TEI |

![]() |
Profesorado Titor do programa TEI na entrega do certificado de TEI |
En secundaria: O alumnade de 3º son titores/as emocionais do alumnado de de 1º
Para saber máis sobre o programa TEI pica no enlace a páxina
luns, 8 de outubro de 2018
I EDICIÓN CONCURSO CONTOS DE TERROR
Dende a Biblioteca convocamos o 1 Concurso de Contos de Terror. A que non te atreves a participar?
Establécense 4 categorías:
- 1º e 2º de ESO
- 3º, 4º de ESO e FP básica
- Bacharelato (1º e 2º) e Ciclos
- Profesorado, persoal non docente, pais e nais
Se es unha persoa valente, ousada, ou mesmo temeraria, aquí tes as BASES do concurso.
Estámoste esperando.

xoves, 4 de outubro de 2018
ERASMUS+ CONVOCATORIA 2018-19
ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR.
CONVOCATORIA 2018-19
SELECCIÓN DE CANDIDATURAS
O alumnado interesado en participar no programa ERASMUS + Convocatoria 2018 deberán cumplimentar o impreso de solicitude e remitilo, antes do día 20 de outubro de 2018, a programaseuropeostrasancos@gmail.com.
PROCESO DE SELECCIÓN
1ª FASE
- Envio da documentación (CV, carta de motivación e datos do alumno/a solicitante), prazo ate o 20 de outubro
- Entrevista persoal previa solicitude de documentación ao alumnado aspirante do. 23-26 outubro-2018
2ª FASE
- PROBAS DE IDIOMA (novembro 2018).
3ª FASE
- Revisión do expediente académico e informe do equipo docente
Pode atoparse toda a información sobre as becas convocadas na seguinte documentación
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)