![]() |
Faime Visible pretende visibilizar as persoas en exclusion social |
Como non pode ser doutro xeito, no IES Terra de Trasancos celebramos esta significativa data con dous actos que visibilizan o papel da muller na sociedade.
![]() |
Mulleres participants na mesa e alumnado |


O 6 de marzo varias mulleres que traballan con colectivos en exclusión social falaron co alumnado de 3º e 4º da ESO.
O 9 de marzo celebramos unha mesa redonda na que o alumnado de FP básica de servizos administrativos, Ciclo Medio e bacharelatos participaron das experiencias de
Angeles Fernández, falounos da súa experiencia de vivir na rúa. Hoxendía ten un fogar e é a autora da fotografía "El banco de dormir" elexida para representar o Proxecto Fotográfico " Hazme Visible" que podedes visitar no vestíbulo do IES.
Damarys Padrino, que chegou a Galicia dende Venezuela acompañada do seu fillo e contounos sobre a dificultade que teñen as mulleres que deben sair dos seus paises na procura dun futuro mellor para elas e as súas familias
Meri Zakaryan, estudiante armenia, aos catorce anos chegou a Galicia coa súa familia deixando o seu país pola ameaza de guerra e represión, falounos das dificultades de integración sin o coñecemento do idioma e da súa experiencia coa burocracia cos menores en situaciones de migración.

A todas elas moitisimas graza por compartir con nos a s súas experiencias
Grazas tamén a:

Lara, Angela e Isabel alumnas de FP Básica de servizos administrativos por atender a que todo fora ben na celebración do acto e polo diseño e traballo de ambientación do escenario axudadas polo seu titor Juan e apoiadas por Beatriz, profesora de educación plastica.
Ao alumnado de 1º de ciclo medio que realizou a presentación en Powert Point que previa á mesa contextualizou o tema e axudou a montar o esecenario
Ao alumnado de Bacharelato que asisitiu e se tomaron con moito interes todas as intervecións.
Grazas especialmente a Manuela, alumna de 1º do Ciclo Superior que comparteu con nos a súa experiencia como muller en situación de precariedade laboral, pola súa valentía e tesón no estudo.
Grazas tamén ao profesorado asistente polo voso interés e axuda nun traballo que espero sirva para acercar ao noso alumnado a unha realidade social oculta, por levar a escola a rúa.
O meu agradecemento tamén a Angela, interprete da linguaxe de persoas xordas pola súa tradución
A mesa resultou unha experiencia vital emotiva e reinvindicativa dos dereitos que se lles negan as mulleres que por ser diferentes ou por non ter unha situación económica necesaría para cubrir as súas necesidades, son invisibles. Nos hoxe fixemolas visibles.
Porque ao fin a revolución será feminista ou non será e o século XXI será o século das mulleres
Ningún comentario:
Publicar un comentario