O 21 de marzo o alumnado de Bacharelato e varias profesoras do ámbeto de Ciencias realizamos unha visita á fábrica Cementos Tudela Veguín, situada no Polígono Industrial Rio do Pozo.
Visitamos as instalacións onde se almacenan as materias primas, pasamos pola zona do muiño e pola cadea de envasado, que nos sorprendeu moito pola sua completa robotización.
Espertaron o noso interese os laboratorios de control de calidade e rematamos a nosa visita coñecendo a sala de control da planta.

Queremos dar as grazas ó Director da planta pola súa acollida e a Marta Ferro polas súas interesantes explicacións durante o percorrido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario