martes, 22 de maio de 2018

Celanova plan proxecta





Hoxe pasamos un día fantástico en Celanova, estivemos na casa de Curros Enríquez e interpretamos Aí vén o maio...emocionante, logo asistimos a un concerto incríble de órgano no mosteiro, órgano que a nosa profe de música Graciela tamén puido tocar e visitamos o Instituto que tén moita historia.Foi unha experiencia alucinante!!!
Pola tarde visitamos Vilanova dos Infantes, o torreón, a cova, a historia dos zapateiros...
O ano próximo de seguro voltaremos!!Grazas ás nosas marabillosas guías da Fundación Curros Enríquez polo esforzo e dedicación de todo o día.
Experiencia para recordar e aínda nos queda Portugal!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario