xoves, 7 de xuño de 2018

ACTIVIDADES MES DE XUÑO


A HABITACIÓN DE FERMAT 
O 19, 20 de xuño O Departamento de Matemáticas organiza un xogo chamado "A Habitación de Fermat" no que participarán a maioría dos alumnos do centro.


20 de xuño o Departamento de Orientación organiza unha saída cos alumnos de 3º de ESO que participaron este ano no TEI. Pasarán o día en Cerceda e irán acompañados por Manolo Rivera, Jéssica Fernández, Conchi García e Graciela Galdo.


 FESTIVAL DE FIN DE CURSO
O 21 de xuño realizaremos o Festival Fin de Curso con diferentes actuacións e proxectaremos o vídeo resumo de fin de curso, será a partir das 12,30.


Se alguén quere engadir algunha foto de actividades que se poña en contacto con Graciela antes do día 8 de xuño

Ningún comentario:

Publicar un comentario