mércores, 31 de outubro de 2018

FESTA DAS ÁNIMAS E MAGOSTO







Como está próxima a celebración dos Santos, Ánimas, Defuntos e demais espíritos do Alén pensamos en celebrar este feliz evento no Centro os venres, 2 e 9 de novembro.

TERROR NA BLIBLIOTECA.- Venres, 2 celebramos unha actividade na biblioteca na que participará alumnado de 1º ESO e 4º ESO.
ConsisitirÁ na lectura de poemas relacionados con estas festas.


GRAN MAGOSTO.- Venres, 9: Xornada máis lúdico-cultural destinada a toda a ESO, Bacharelato e FP Básica.
MAGOSTO e XOGOS POPULARES en horario de 12:30-14:10

xoves, 18 de outubro de 2018

PROGRAMA TEI

O programa TEI (Titoria Entre Iguais) é un  programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa, orientdo  a  mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan  máis satisfactorias, previndo  o acoso escolar




Alumnado participante no Programa TEI

Basase na  titorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos do se desenvolvemento nos centros educativos:

Profesorado Titor do programa TEI na entrega do certificado de TEI

 En secundaria: O alumnade de 3º son titores/as emocionais do alumnado de de 1º
Carnets de titor/a do TEI







Para saber máis sobre o programa TEI pica no enlace a páxina

luns, 8 de outubro de 2018

I EDICIÓN CONCURSO CONTOS DE TERROR

Dende a Biblioteca convocamos o 1 Concurso de Contos de Terror. A que non te atreves a participar?

Establécense 4 categorías:
- 1º e 2º de ESO
- 3º, 4º de ESO e FP básica
- Bacharelato (1º e 2º) e Ciclos
- Profesorado, persoal non docente, pais e nais

Se es unha persoa valente, ousada, ou mesmo temeraria, aquí tes as BASES do concurso.
Estámoste esperando.

xoves, 4 de outubro de 2018

ERASMUS+ CONVOCATORIA 2018-19

Resultado de imagen de erasmus+

ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR.

CONVOCATORIA 2018-19



SELECCIÓN DE CANDIDATURAS
        O alumnado interesado  en participar no programa ERASMUS + Convocatoria 2018 deberán cumplimentar o impreso de solicitude e remitilo, antes do día 20 de outubro de 2018, a programaseuropeostrasancos@gmail.com.

PROCESO DE SELECCIÓN

1ª FASE
  • Envio da documentación  (CV, carta de motivación e datos do alumno/a  solicitante), prazo ate o 20 de outubro
  • Entrevista persoal previa solicitude de documentación ao alumnado aspirante do. 23-26 outubro-2018
2ª FASE
  • PROBAS DE IDIOMA (novembro 2018).
3ª FASE
  • Revisión do expediente académico e informe do equipo docente
Pode atoparse toda a información sobre as becas convocadas na seguinte documentación

Correspondentes Trasancos

correspondentes3




O curso pasado comenzamos a colaboración  no proxecto de Correspondentes  xuvenís 3.0  promocionado pola Dirección Xeral de Xuventude no que participou con éxito alumnado e profesorado de Ciclo Medio e FPB e de 3º  da ESO PMAR 
·         Recibimos a visita da directora da Dirección Xeral de Xuventude.
·         Creamos e mantivemos un blog e unha páxina de Facebook e mantivemos un taboleiro informativo co obxecto de difundir a información de interese para o noso alumnado.
·         Por mor desta información. enviamos a alumnas o Ciclo Superior de viaxe a Italia e Xapón,
·         Participamos nos encontros de correspondentes xuvenís en Gandarío.


 A participación está aberta a alumnado e profesorado titor ou que imparta clases no grupo

Os obxectivos do progama de  correspondentes 3.0 con respecto ao alumnado son 
  • Responsabilizarse de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
  • Entender a importancia de acceder a información, seleccionando en orde a pertinencia e adecuación e contrastando as fontes.
  • Desenvolvemento en comunicación oral e escrita  e na presentación da información recollida.
  • Dinamización  da comunicación e fomento da participacion do alumnado en actividades, bolsas, concursos, formación, cooperacion  dirixidas a xuventude
  • Fomento do voluntariado xuvenil.
  • Crear redes de comunicación e participación xuvenil coñecendo as oportunidades que ofrece tanto a Xunta por medio da Dirección de Xuventude como o Concello e concellos de procedencia do alumnado.

Para elo os correspondentes terán as seguintes funcións:
  1. Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
  2. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp..
  3. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
  4. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
  5. Participar activamente nas actividades e tarefas resultantes do desenvolvemento do proxecto nas titorías, nas aulas, na biblioteca e noutros espazos do centro onde se desenvolvan as liñas estratéxicas do Plan Proxecta
Beneficios para os/as correspondentes:
  • Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
  • Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné de estudante internacional (ISIC)e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
  • Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
  • Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
  • Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
Beneficios para o profesorado colaborador:
  • Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher)
O alumnado e profesorado que desexe participar deberá dirixirse ben a Carmen  Martínez (vicedirectora do centro) ou ben a Lola Pazos (coordinadora de correspondentes)

mércores, 3 de outubro de 2018

PROBAS PAR PARTICIPAR NO CORO SOLIDARIO


Os comenzos de curso, os nervios por ver co quen che toca de compañeiros, de profes e... as probas do Coro Solidario. A rapazada esta entusiasmada con participar.

 Maña xoves tocalle a cuarto da ESO e o venres non o dúbides
  •  Si che entusiasma cantar
  •  Si queres participar dun grupo solidario
  •  Si queres viaxar e coñecer outra xente con aficcions comuns
  •  Si te comprometes con que outro mundo é posible
  •  Incluso si queres empezar o teu camiño a fama...

Non o dubides,  presentate as probas o venres para participar no CORO SOLIDARIO DO IES TERRA DE TRASANCOS

So pedimos que cantes, que te comprometas e que sexas parte da comunidade de alumnado do IES Terra de Trasancos