Baixo o lema "Fai que rulen os libros durmidos ou esquecidos" con mótivo do día do libro, celebramos no IES Terra de Trasancos o 1º Mercadillo de libros solidario a favor da Asociación COMETA con gran éxito
Os libros donados polo alumnado, e persoal docente e non docente do IES puxeronse a disposición de todos a prezos casi simbólicos, todo o recadado vai a favor da asociación COMETA. Estamos todos os que participamos moi satisfeitos co resultado pois cumplironse todos os obxectivos:
- Compartir libros que todos temos esquecidos nas nosas casas, pero que poden ter interés para outros
- Axudar económicamente a COMETA asociación sen ánimo de lucro que loita por unha mellor vida para os animais de compaña abandonados
- Práctica integral do noso alumnado de FP Básica de comercio que atendeu a venta nos stands e a caixa
Pechamos o mercadillo pero durante estos días podese visitar o stand de COMETA que mantemos ate o mércores na planta baixa do IES. Agradecemos a súa colaboración.
Moitas grazas a todos os que formades parte da comunidade educativa pola vosa participación donando e mercando libros.
Sobre todo moitas grazas a Gisela, Silvia, Jessica, Aroa, Laura, Hugo, Oscar e Iago alumnado de FP básica de comercio e a súa profesora Mila polo súa adicación e traballo.
Grazas ao estupendo equipo da biblioteca por tomarse o traballo de introducir os datos de 400 libros na base de datos para que o alumnado poidera prácticar con realismo a venta e o seu rexistro e cobro.
Grazas tamén a Natalia Hermida, concelleira de mocidade que veunos visitar e dar azos ao alumnado para preserverar na súa formación.
Ate o ano que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario