domingo, 28 de abril de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DA SAÚDE LABORAL

Mostra de EPI´s

Esta semana para celebrar o día da sáude e seguridade no traballo o Departamento de FOL xunto co alumnado de FP Básica de comercio organizaron esta mostra que se pode visitar na planta baixa do IES.
RECOMENDACIÓNS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

O alumnado de Ciclo Medio de Xestión Administrativa o día 25 foi polas aúlas facendo partícipe a todo o alumnado do Centro dunha serie de recomendación posturais para coidar a saúde nas actividades de estudo e traballo no IES.



 O alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas está a elaborar un plan de prevención de riscos no IES. 

Durante varias xornadas adicaronse a avaliar os riscos no IES. 

Esperamos que este informe que farán chegar ao equipo directivo mellore as condicións de seguridade no Centro



MOSTRA DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario