luns, 3 de abril de 2017

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS CELULARES 1ºESO

Aqui tedes o traballo de 1º da ESO na asignatura de xeloxía e biolóxía
Animadevos a votar






Blog do IES Terra de Trasancos: Glackma visita o IES

Blog do IES Terra de Trasancos: Glackma visita o IES




A nosa visita inesperada faise esperar, hoxe non poido ser pero mañá martes estarán con nos

O mito de que os científicos son despistados é certo.  Adolfo e Karmenka , finalmente virán mañá ás 11,20. Actividade destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

domingo, 2 de abril de 2017

Glackma visita o IES

Mañá as 12:30 esperamos a visita inesperada pero feliz de Karmenka, Adolfo e Carlos Caraglia, (GLAGKMA)

Non volo perdades alumnado e profesorado trasanques porque son os heróes da loita e estudo do cambio climático, saben máis de glaciares e do Artico que os inuits e fan a súa intervención amena e educativa.

luns, 20 de marzo de 2017

CORO SOLIDARIO NA GALA CO POBO SAHARAUI

O pasado 12 de marzo celebrouse no Auditorio de  Narón unha Gala solidaria co Pobo Saharaui dividido entre a dominación marroquí e o exilio na dura hamada arxelina dende os anos 70, nela participou o noso coro solidario, velaiqui o ensaio

https://www.facebook.com/daniel.riosnunez/videos/10208804536771343/

A MOCIDADE COA LINGUA

7 ABRIL (martes)Participación no certame “Mocidade coa lingua” con membros do Coro Solidarium. Participan dous grupos do IES..
OS ALUMNOS AO CERTAME DA MOCIDADE COA LINGUA FINALMENTE SAEN ÁS 8,30( Os que teñen exame con María José a primeira terano normalmente e iranse ás 9,20 cos seus pais).
PROFESORES ACOMPAÑANTES: Olga Vigo, Carmen Martínez e Graciela Galdo.

xoves, 9 de marzo de 2017

Benvidos de London









Estamos a espera de que compartan con nos neste blog a súas experiencias, polo que sabemos pasearon e deixaron a pegada de #trasancosmola no grandioso Reino Unido. Benvidos!



Mentras tanto desfrutade das fotos


eiqui tedes un enlace a video que mostra a profes e alumnado como autenticos trasanqueses-londinenses

BLOG DO IES TERRA DE TRASANCOS: Investigadoras na luz e na tecnoloxía da luz

BLOG DO IES TERRA DE TRASANCOS: Investigadoras na luz e na tecnoloxía da luz

mércores, 8 de marzo de 2017

Celebramos o 8 de Marzo no Instituto

Esté día estivo cheo de actividades e participación foi unha ledicia ser parte del, o alumnado e profesorado do noso Centro  traballamos e vivimos  todos os días na igualdade de xénero, e hoxe así o demostramos.

O vestíbulo do centro deunos a benvida cunha exposición sobre as  científicas esquecidas,   Investigadoras  na luz e na tecnoloxía da luz, organizada polo Departamento de Física

No mesmo tema,  mulleres esquecidas na ciencia arte e literatura,  se enmarca o taboleiro producido polo Departamento de Educación Plastica



As 12 en solidaridade con #parodemulleres un grupo de profesoras e alumnas secundou o paro internacional ao que se sumaron solidariamente un nutrido grupo de alumnos e profesores.

As alumnas fixeron unha concentración con cartaces realizados por elas alusivos ao día a celebrar e ao feminismo como movimento ideolóxico e social a integrar nas aulas e na sociedade

As 12:30 e organizado pola equipa de normalización, Lucía Aldao e María Lado (Aldolado) fixeronnos a todas  poetas por un día. Ofreceronnos unha escola de poesía e música un espectaculo de poesía e humor de risas e reflexión. Ate  fumos todas poetas nun exercizo de creación conxunta da que velaíqui o resultado

De todas estas actividades da fe o seguinte video coas fotos do día:




E os seguintes enlaces a videos

martes, 7 de marzo de 2017

Investigadoras na luz e na tecnoloxía da luz


O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral da  Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou 2015 como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz para poñer de manifesto o papel fundamental que desempeñan a luz e as súas tecnoloxías en todas as actividades humanas. Obxectivos desta declaración son:
  • destacar a continuidade dos descubrimentos científicos en diferentes contextos,
  • facendo especial  fincapé  no  empoderamento das mulleres no  ámbito científico
  • e a promoción da ensinanza das ciencias entre a xente nova,
  • especialmente nos países en desenvolvemento
  • fomentando vocacións cientificas no ámbeto da luz e as súas aplicacións
Tendo en conta estas motivaciones,  o Grupo de Mujeres en Física da  Real Sociedade Española de Física (RSEF) e a Sociedade Española de Óptica (SEDOPTICA)  organizaron a exposición Investigadoras en la Luz y en las Tecnologías de la Luz

As doce mulleres que aparecen nos paneis de Investigadoras en la Luz y las Tecnologías de la Luz son:
Madame de Châtelet, Martha Coston, Henrietta Swan Leavitt,
Hedwig Kohn, Maria Goeppert Mayer, Martha Jane Berghin Thomas

Marie Luise Spaeth, Katharine Burr Blodgett, Yvette Cauchois,
Rosalind Franklin, Jean Macpherson Bennett, Jocelyn Bell Burnell

  1. Madame de Châtelet (1706-1749)  traduxo os Principia Mathematica, conseguindo que as teorías de Newton entraran no  continente europeo;
  2. Martha Coston (1826-1904), que diseñou e  fabricou un sistema de comunicación basado en bengalas luminosas para os barcos, contribuindo ao salvamento de moitas vidas;
  3. Henrietta Swan Leavitt (1868-1921), descubriú o camiño para coñecer o tamaño de nuestra galaxia e a escala do universo;
  4. Hedwig Kohn (1887-1964), realizou un minucioso traballo en espectrometría e pirometría, considerados hoxendía como estándares de iluminación;
  5. Maria Goeppert Mayer (1906-1972), deu nome á unidade de sección de absorción dos fotones;
  6. Martha Jane Berghin Thomas  (1926-2006) mellorou as fontes de iluminación, sobre todo os tubos fluorescentes;
  7. Marie Luise Spaeth (1938-), inventou o láser sintonizable de colorante e desenvolveu os telémetros láser;
  8. Katharine Burr Blodgett (1898-1979), inventou os cristais antirreflexantes;
  9. Yvette Cauchois (1908-1999),  creou un espectrógrafo de raios X que permitiu descubrir novos elementos do sistema periódico;
  10. Rosalind Franklin (1920-1958), que obtuvo a famosa Fotografía 51 (mediante difracción de raios X) que probou experimentalmente a estructura helicoidal do ADN;
  11. Jean Macpherson Bennett (1930-2008), que foi a primeira muller en ocupar a presidencia da Optical Society of America (1986);
  12. Jocelyn Bell Burnell (1943-), que descubriú os púlsares.

Podes descargar o arquivo en  en formato pdf.

xoves, 16 de febreiro de 2017

O noso Coro Solidario

Un pouquiño de historia do noso coro, que alegres e comprometidos son os seus compoñentes.

xoves, 22 de decembro de 2016

Felicitación Nadal

Os mellores desexos para todos vos nestas festas. Temos moito que aportar ao mundo, alegría nas celebracións da amizade e o reencontro coas familias, integración de todas as persoas independentemente da súa condición, traballo pola paz e concordia. Que o vindeiro ano sexa de verdade o ano da paz e da igualdade


mércores, 23 de novembro de 2016

O Coro Solidario participa no concerto de Nadal en Narón

O Coro Solidario participa no concerto de Nadal en Narón

O Coro Solidarium vai participar no concerto do día 22 de decembro no Pazo da Cultura de Narón. Infórmame Luciano que as entradas están xa á venda por se vos interesa vir a vernos.
Tamén me informa o Padroado que haberá descontos para pais e nais dos integrantes do Coro Solidarium.

Compartiremos escenario co coro góspel SOUTH CAROLINA GOSPEL CHORALE. Non volo perdades!!

 

martes, 8 de novembro de 2016

O Samaín no Instituto

O Samaín no Instituto


Alumnos e alumnas de 1º  e 2º ESO recuperando a celebración do Samaín  e admirando as terroríficas cabazas 
A primeira cabaza co tema "Joker e Harley Quinn" foi realizada por Martín e Candela. A cabaza gañadora do concurso co tema "Cabaza caníbal" realizada por Mencía e Estela de 1º ESO B


Chegadas as datas do Samain,  no Instituto gustanos celebralo con moitas actividades nas que podemos participar toda a comunidade escolar. No vestíbulo do Centro temos expostas as cabazas que participaron no concurso de cabazas. Noraboa as gañadoras  Estela e Mencía de 1º de ESO B e a todos os participantes polo alto nivel de creatividade acadado!


    

Catrina, imaxe popular mexicana para celebrar o día de defuntos fixo unha visita ao noso Centro